viernes, 27 de abril de 2018
jueves, 26 de abril de 2018
OS TRES PORQUIÑOS - VOLUNTARIADO DE LECTURA
O mércores 25 de abril o equipo de voluntarios da biblioteca de sexto representaron a obra de titeres ''OS TRES POQUIÑOS'' na Biblioteca Pública Municipal de Salceda.Noraboa polo voso esforzo, implicación e traballo en equipo.
Fixéronno xenial!!!
Equipo de Voluntarios: Jenifer,Alicia, Nerea, Noelia,Raúl, Javier e Sara |
OS TRES PORQUIÑOS-VOLUNTARIADO DE LECTURA18 from Bibliosabidiña on Vimeo.
miércoles, 25 de abril de 2018
FAMILIAS LECTORAS
Este trimestre comenzamos unha nova sección na Biblioteca coa participación das FAMILIAS. A proposta consiste na lectura dun conto na hora do recreo ao alumnado para implicar as familias no proceso do fomento da lectura e a participación na escola .
A sección FAMILIAS LECTORAS comenzou coa visita de KARINA , nai de Alexandre G. alumno de 1ºB, que leu ''Los fantásticos libros voladores del Sr .Morris Lessmore'' de Willian Joyce ao alumnado de 1º e 2º nivel.
Moitas grazas Karina por adicarnos o teu tempo e poder compartir un intre de lectura con nós.
KARINA presentada por Alex |
Un diploma e un marcapáxinas como agasallo |
martes, 24 de abril de 2018
CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO
O martes 24 de abril despois do recreo celebramos no CEP ALTAMIRA o DÍA DO LIBRO.
APADRIÑAMENTO LECTOR
As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.O alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idadesfFavorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
O OBRADOIRO de gaitas e panderetas a cargo do alumnado de sexto nivel dirixido polo profe Paco ofreceunos unha peza musical . A continuación o Xefe Territorial de Educación Cesar Pérez Ares presentado pola Directora do centro foi o encargado de abrir o acto coa lectura dun fragmento do libro ''Cada cadro co seu conto ''.Seguidamente comenzou o apadriñamento .Para finalizar cantamos a canción ''Somos os piratas limpos '' do grupo Migallas coa participación do Voluntariado de Biblioteca e dirección da profe de música Paula.
lunes, 23 de abril de 2018
VISITA DE MARÍA CARRERA A NOSA BIBLIOTECA
Os días 23de Abril o alumnado de terceiro en varias sesións asistiron á animación á lectura que levou a a cabo MARÍA CARRERA da man da editorial SM, con motivo dos libros propostos no itineraio lector polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron e traballaron nas aulas.O alumnado dos diferentes niveis gozou dunha animación ben divertida! María falounos das personaxes de todos os libros que estamos a ler, e contounos a historia do soldadiño de chumbo cunha marioneta que mudaba de personaxe segundo como a collía, moi emocionante! Ata cantamos un rock mentras ela tocaba a guitarra eléctrica.Foi xenial!!! Estamos desexando que volva outra vez a nosa biblioteca con novas historias. |
































