 |
Marta A. e Marta L. na radio escolar
|
O venres 20 de xaneiro Marta L. e Marta A., axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar as novidades a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:
- Na biblioteca hai durante a próxima semana un obradoiro de mandalas da Paz, logo expoñeremolas .
- O xoves 26 teremos un obradoiro de papiroflexia para 4º, 5º, e 6º con motivo da celebración do día da Paz.
- Os alumnos de primerio e segundo ciclo xa poden disfrutar da lectura con libros interesantes :cociña, manualidades, valores... , xa que as Pintiñas están recorrendo as súas aulas.
- Os carnets do alumnado novo xa estám listos así que en breve comenzaremos o empréstamo polo Meiga.
- Temos na biblioteca unha exposición de libros relacionados coas Ciencias en préstamo da Asesoría de Bibliotecas Escolares.Utilizádeos con coidado xa que hai que devolvelos en bo estado.
- Por último, agradecer o traballo dos voluntarios de 5º e 6º nas tarefas da biblioteca e dar a benvida os novos voluntarios de 5º.
E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario