 |
MARÍA E AROA EN RADIOSABIDIÑA
|
O venres 8 de decembro, MARÍA E AROA, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:
- Os voluntarios de biblioteca xa están en marcha para axudarvos en todo o que precisedes na biblioteca.
- Este mes teremos libros de Novidades expostos, estade atentos e botádelle unha ollada.
- Lembrade que temos un buzón de suxerencias para o alumnado onde podedes anaotar o que se vos ocurra...que libros vos apetecer ler, revistas, comic, etc.
- O concurso de Sabidiña que Arte está en marcha , estade atentos para contestar as preguntas.
- Como todos os anos,sairá a proposta para o concurso de postais.Este ano relacionadas co tema do proxecto:Arte.
- Na biblioteca durante o mes de decembro teremos obradoiros de postais e papiroflexia.
- Lembrade que a biblioteca é un espacio para disfrutar dos libros pero que débese estar en silencio...e coidar os libros.
E LEMBRADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario