O xoves 5 de abril, ANA E MARÍA, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:
Xa sabedes que o mes de abril é o mes dos libros.Na semana do libro, 23 de abril, teremos diferentes actividades para conmemoralos: exposicións de traballos, visita de animadores á lectura,apadriñamento lector...
Na exposición de traballos sobre o proxecto anual exporemos as aportacións das familias no apartado '' A lectura na arte''.
Lembrade que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado a María Victoria Moreno, escritora de obras como ''Mar adiante '',''Leonardo e os fontaneiros'', ''Eu conto, ti cantas...'' que estarán expostos na exposición que teremos na biblioteca.
E por último , dar as grazas os voluntarios polo seu traballo co teatrillo que están a preparar e que proximamente representaran na Biblioteca Pública Municipal de Salceda.
E LEMBRADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario