O calendario do Libro e da Lectura que publica a Secretaria Xeral de Cultura recolle o día 24 de febreiro como o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis oDía de Rosalía de Castro.Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Rosalía vive na voz de nenos e nenas que recitan os seus poemas;as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben dicía a escritora viguesa Ledicia Costas"unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda"
Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada.
No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema:"Diálogo, tolerancia e paz"
Os alumnos do Obradoiro de Radio de quinto prepararon este programa especial no Día Mundial da Radio.É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.
Árbore dos desexos, proposta do Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de complementarias e Dinamización da lingua galaga.Cada aula debía aportar unha mensaxe para fomentar a convivencia, valores e actitudes importantes para lograr a Paz.
Na biblioteca Obradoiro de papiroflexia, symbaloo con recursos para traballar a conmemoración e exposición de libros.
Acto conmemorativo donde todo o colexio cantou e bailou a canción ¨ Baixo o mesmo sol¨ de Álvaro Soler dedicada a este día. A canción preparouse dende as aulas de música.Así mesmo o alumnado do obradioro de danza de 6º prepararon un un vídeo tutorial para o parendizaxe do baile.
As aulas realizaron diferentes traballos para conmemorar esta celebración.
Durante o acto , o alumnado realizou as palabras gañadoras relacionadas co día da paz dentro do concurso de VERBAS EN GRAFFITI que leva a cabo o equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Neste symbaloo creado polo Equipo de Biblioteca dispoñedes de recursos didácticos para traballar na aula o DÍA DA PAZ :contos,cadernos de traballo,colorear mandalas, cancións...
Para integrar o alumnado de 5º e 6º na xestión e dinamización das actividades da BIBLIOTECA, convocamos un ano máis os axudantes de biblioteca.Do 18 ata o 23 de XANEIRO o alumnado interesado en participar deberá pasar nos recreos pola biblioteca para cubrir a ficha e ler o compromiso .