lunes, 28 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares 2013 levamos a cabo durante a semana unha sesión de formación de usuarios na que participaron todas as aulas cos seus respectivos titores.


Formación de usuarios from Angiefidalgo on Vimeo.

domingo, 20 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Todos os anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un cartel para conmemorar o DÍA DA BIBLIOTECA ( 24 de outubro).


O lema elixido para este curso 2013 / 2014 é : LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos divulgativos e de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Todos estos contidos teñen cabida na Biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de Patricia Castelao.

lunes, 14 de octubre de 2013

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana o equipo de biblioteca entregou nas diferentes aulas do noso cole as Mochilas Viaxeiras .Agardamos que pasedes un tempo de lecer en familia disfrutando do seu variado contido. Boas lecturas.

MOCHILAS VIAXEIRAS from Angiefidalgo on Vimeo.

lunes, 7 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co comenzo do novo curso iniciamos a entrega das Mochilas Viaxeiras.

Serán 23 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de outubro ata maio que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@.

Cada familia é importante:
.Puntualidade á hora de entregar a mochila.
.Coidar do seu contido.
.Comprobar que o seu contido este completo.
.Desfrutar xuntos do material

O contido da Mochila é variado:
-Nota para ás familias.
-Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista.
-Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá:
   -O seu nome, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.




BOAS LECTURAS.

viernes, 4 de octubre de 2013