miércoles, 26 de junio de 2019

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA

O mércores 26 os voluntarios da biblioteca recibiron os seus diplomas da Xunta de Galicia , a camiseta e un pequeno agasallo en recoñecemento o seu labor durante todo curso.Os diplomas foron entregadados pola directora do centro, Clara Ojea.Seguidamente compartimos unha merenda para rematar a xornada.

Os voluntarios realizan unha fantástica labor ao longo do todo o curso colaborando na biblioteca do centro cunha gran implicación, entusiasmo e responsabilidade.Así que desde o equipo de biblioteca queremos agradecerlles publicamente o seu maravilloso traballo, son imprescindibles para o funcionamento da biblioteca.


P  A  R  A  B  É  N  S












Voluntariado de Biblioteca from Bibliosabidiña on Vimeo.