jueves, 20 de febrero de 2014

VISITA DE MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

Hoxe tivemos unha visita moi especial, María Menéndez-Ponte, autora dos libros de Pupi, mascota dos nenos do primeiro ciclo. 

Antes de acudir ao Auditorio do Concello para ter o encontro cos nenos e nenas visitou a Biblioteca do noso cole onde temos a Pupi cos seus libros e  asinou no libro de firmas .Xa no Auditorio Municipal, María falou cos nenos  e intercambiaron opinións sobre os seus libros ,ensinoulles algunha canción e por último ,  UNHA PRIMICIA, Pupi tivera unha irmá chamada POMPITAS que estaba de camiño  a Terra!

Gracias María.Foi unha experiencia inolvidable!


María Menéndez-Ponte  na Biblioteca  



Visita de María Menéndez-Ponte from Bibliosabidiña on Vimeo.

viernes, 14 de febrero de 2014

LIBROS QUE NAMORAN

Con motivo de San Valentín na Biblioteca temos unha exposición con libros relacionados co tema.

jueves, 13 de febrero de 2014

RADIO SABIDIÑA

A nosa axudante da Biblioteca, Paula, acudiu a Radio Altamira para informar das novas da Biblioteca neste mes de Febreiro.

Comunicounos que debido o gran número de nomes preciosos para a nosa vaca dos bolechas, Sabidiña pedianos axuda para elexir un dos sete nomes seleccionados. Durante a semana do 17 ao 21 de Febreiro NOS RECREOS  podedes acudir a Biblioteca e cubrir unha papeleta onde marcaredes o nome que máis vos guste. Despois en Radio Altamira diremos o gañador.

Os nomes a elexir son :
Landriña, Risiña, Lecturiña, Vidiña, Bolechiña,Corniño e Pintiña.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Tamén anunciou que proximamente haberá un OBRADOIRO para o 3º Ciclo para aprender a xogar ao SABIDURIUS , un xogo educativo de imaxinación e bo humor.
E lembrade que Sabidiña segue agochada na Biblioteca ainda que vos non a vexades.



miércoles, 12 de febrero de 2014

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SALCEDA


Parte do equipo de Biblioteca do noso cole  acudiu a  visitar a Cibeles ,a encargada da  Biblioteca Municipal  de Salceda "Castelao". Nesta xuntanza falaron sobre a planificación  das actividades que poderiamos levar a cabo conxuntamente nestes trimestres.
Moitas gracias Cibeles..


viernes, 7 de febrero de 2014

CLUB DE LECTURA

Hoxe comenzou a andaina do noso club de Lectura ,no que participan os grupos do "Voluntariado de Lectura-A".
Nesta primeira sesión fixemos o seguinte:
-Xogo de coñecemento.
-Elección do nome do noso club.
-Elección do libro a ler establecendo  as datas de xuntanza .

A nosa elección:
Los Ambigú y el caso de la estatua.
Flavia Company. Editorial SM




CLUB DE LECTURA from Bibliosabidiña on Vimeo.

martes, 4 de febrero de 2014

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2014


No calendario do Libro e da  Lectura 2014, temos as datas e efemérides máis sinaladas arredor dos libros, da lectura e das nosas letras.