lunes, 24 de marzo de 2014

ANIMACIÓN A LECTURA: CONTACONTOS

O alumnado de cuarto nivel tivo hoxe unha animación á lectura, co contacontos  Iago.O libro que leron os alumnos foi O capitán Aspanitas e o segredo das Burgas de Ramón Caride.

A presentación correu a cargo de Alexandre e Nerea, compoñentes do voluntariado de lectura.

O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride.
Editorial Xerais.


ANIMACIÓN Á LECTURA: CONTACONTOS 4º NIVEL from Bibliosabidiña on Vimeo.

miércoles, 19 de marzo de 2014

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

21 de Marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala.


Aqui tedes algunhas páxinas con recursos poéticos.

Recursos poéticos para el aula

Poesías interactivas

Libros de Poesía



Dende a biblioteca tedes unha exposición de libros de poesía para ler e traballar.



sábado, 15 de marzo de 2014

XV SALÓN DO LIBRO

Este venres comenzou o XV Salón do libro Infantil e Xuvenil 2014 en Pontevedra.Do 14 de Marzo ao 5 de Abril co lema "COCIÑANDO CONTOS" onde disfrutaredes de :actividades, exposicións, obradoiros, contos, concertos e moito mais.
O seu horario é o seguinte: De luns a venres de 17:00 a 20:30H. Sábados e domindos :De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30H. Así que animádevos a visitar e participar nas diferentes actividades.
 Aqui vos deixamos o enlace para poder ver a súa programación máis detallada. 

XV SALÓN DO LIBRO
DO 14 DE MARZO AO 5 DE ABRIL

miércoles, 5 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este ano no CEP Altamira o noso  tema do ENTROIDO foi "O CIRCO".

Dende a Biblioteca tivemos unha exposición de libros sobre o tema para consultar.

EXPOSICIÓN LIBROS "O CIRCO"



Aqui tedes o video do noso entroido.



Entroido "O CIRCO" from Bibliosabidiña on Vimeo.

lunes, 3 de marzo de 2014

OBRADOIRO "XOGAMOS AO SABIDIRIUS"

Os alumnos do terceiro ciclo tiveron un obradoiro  levado a cabo pola profe Belén , membro do equipo da Biblioteca, para aprender a xogar ao SABIDRIUS.
Os seus creadores os vigueses Eduardo Armada e Miguel Carrera xunto co pintor Ramón Trigo crearon este xogo que permite dunha forma divertida, mellorar a expresividade e aumentar o vocabulario.

SABIDURIUS