viernes, 25 de abril de 2014
jueves, 24 de abril de 2014
DÍA DEL LIBRO
Así quedou a nosa Biblioteca decorada con tódolos traballos feitos nas aulas. Houbo moita diversidade: libros de pingas , paraguas con pingas de poesía, nubes con pingas, maquetas, poemas dos ríos, caligramas e exposición de libros relacionados coa auga. Moitas grazas a tod@s polo voso traballo.
Na entrada da biblioteca o Voluntariado de Lectura elaborou un mural para conmemorar o Día do libro .
VOLUNTARIADO DE LECTURA Nuria, Lorena, Ariadna, Elena, Paula,Clara, Nerea E. , Yashira, Ainhoa y Chenoa. |
Photo slideshow made with Smilebox |
miércoles, 23 de abril de 2014
23 DE ABRIL,DÍA MUNDIAL DO LIBRO
O 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa declaración pola UNESCO en 1995.
Dende a Biblioteca propoñemos diversas actividades en torno o Tema deste año :Pinguiñas de palabras, Ríos de creatividade.
DÍA DO LIBRO ,CEP ALTAMIRA |
Hoxe para conmemorar o DÍA DO LIBRO ,tivemos diversas actividades no noso cole organizadas polo equipo de Biblioteca.
- O alumnado de terceiro nivel tivo un encontro co poeta e novelista vigués FRAN ALONSO.Escritor de numerosos libros de Literatura infantil e especialmente de poesía para nenos, gañador de premios entre eles o Neira Vilas.Entre os seus libros destaca:"Cidades","O meu gato é un poeta" e "O brillo dos elefantes".Chenoa e Paula componentes do equipo de Voluntariado de Lectura foron as encargadas da súa presentación.
CHENOA , PAULA CON FRAN ALONSO |
- Aproveitando que Pupi, andaba estes días polo cole saudando a outros compañeiros, os de terceiro quixeron reencontrarse con él, xa que botábanno de menos. Pupi a cambio entregoullles uns marcadores superchulos,así que quedaron moi contentos.
- Por último, despois do recreo,todo o alumnado do noso cole celebrou unha actividade de lectura compartida, os alumnos dos cursos superiores 6º, 5º e 4º apadriñaron os máis pequenos 1º, 2º e 3º .Foi un tempo de lectura, compartirdo gustos e creando lazos de amizade en eles.
martes, 22 de abril de 2014
HOXE, VISITANOS PUPI
Hoxe o alumnado do primeiro nivel tivo unha visita moi especial, a súa mascota PUPI, estaba agardandoos na Biblioteca.Foi unha sorpresa para todos os peques que disfrutaron moitísimo,xa que PUPI frimoulle os seus libros e para rematar fixeron una foto todos xuntos.
Aproveitando que Pupi estaba na Biblioteca tamén o visitaron os alumnos de segundo nivel.
PUPI FIRMA OS NOSOS LIBROS from Bibliosabidiña on Vimeo.
GRUPOS DE 2º A, B, C, D CON PUPI |
lunes, 21 de abril de 2014
ADEUS A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
O xoves 17 de Abril morría en México o escritor, novelista, guionista, editor, xornalista e Premio Nobel de Literatura, GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ.
Considerado un dos máximos representantes do realismo máxico e autor de inmumerables obras coma: "Cien años de soledad, Crónica de una muerte anunciada, El amor en los tiempos del cólera, el coronel no tiene quien le escriba, El otoño del patriarca, ...".
1927 Aracataca (Colombia) - 2014 México |
"Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo."
"Cien años de soledad".García Márquez.1967.
lunes, 7 de abril de 2014
ANIMACIÓN Á LECTURA NO CLUB DE LECTURA
O venres día 4 de Abril tivemos unha animación á lectura con motivo da lectura do libro "Los Ambigú y el secreto de la estatua" ofrecida pola editorial sm que levou a cabo o aminador Manuel.
Na animación fixemos diversas actividades:
*Falamos do que máis nos gustou do libro, cales eran as personaxes, cal era o argumento do libro, que libros nos gustaban máis.
* Xogamos a ser estatuas coas personaxes do libro, a inmortalizar en estatua obra de Miguel Anxo "La piedad", por parellas e logo por equipos representamos escenas do libro.
*E por último, tivemos que ordenar por equipos o argumento coas diferentes ilustracións.
Foi unha manera lúdica e divertida de compartir a lectura .Moitas gracias a Manuel.
Aqui tedes a nosa animación.
Animación á Lectura no Club de Lectura from Bibliosabidiña on Vimeo.
sábado, 5 de abril de 2014
jueves, 3 de abril de 2014
APRENDEMOS INVESTIGANDO
martes, 1 de abril de 2014
2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil.
Comeza abril cunha data esencial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen.
Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People)
encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son
irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como
actividade esencial na formación das persoas: Siobhán
Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey
ilustra o cartel conmemorativo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)