jueves, 12 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN DÍA DA MULLER-SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar o DÍA DA MULLER na Biblioteca temos unha exposición adicada a escritoras galegas así como libros tanto en galego coma en castelán escritor por mulleres para consultar tanto na hora de biblioteca cos titores coma na hora do recreo.









Como esta semana estamos coa Semana da Prensa do 9 ao 13 de marzo, temos diariamente unha sección con xornais para que o alumnado poda traballar na Biblioteca o xornal, as seccións dun xornal, ...




martes, 10 de marzo de 2015

VISITA DA ESCRITORA TERESA ZATARAÍN

Hoxe  para conmemorar o Día da Muller visitanos a escritora TERESA ZATARAÍN, autora de libros coma "Y dejo escapar sus ojos" unha boa lectura para crecer en igualdade polos seus calores de independencia e autoestima.


TERESA ZATARAÍN


Presentando a autora Carla e Paula








Teresa asinando o libro de visitas.



jueves, 5 de marzo de 2015

RADIOSABIDIÑA

Este mércores Iván, o noso axudante de bilioteca encargado da radio, acudiu a Radio Altamira para participar na sección Sabidiña Informa.
O primeiro foi agradecer a tod@s a participación nos diferentes obradoiros organizados pola Biblioteca: Día da Paz, Entroido, Taller Matemático...

Recordeou que o día 8 de marzo é o Día da Muller e que na Biblioteca tiñamos unha exposición de libros escritos por mulleres coma Ana Mª Matute, Paula Carballeira, An Alfaya, Fina Casalderrey, Teresa Zataraín.....


Tamén que o día de 10 de marzo teremos a visita da escritora Teresa Zarataín  .
E por último lembrou que o xoves é o día que o profe Marcos colabora cos xogos e que o venres é o día de contos onde o alumnado do Voluntariado de lectura le contos aos mais pequerrechos.

lunes, 2 de marzo de 2015

VENRES DE CONTO

Un venres máis os alumnos do Voluntariado de Lectura volveron a ler un conto aos máis pequenos do noso cole.Este venres as encargadas de ler o conto"Animales de la selva con pop up" foron Yedra e Alejandra de 6º D que leron un libro con moitas sorpresas que lles gustou moito os pequerrechos.

Gracias, o fixéchedes xenial.

YEDRA E ALEJANDRA  de 6º D