viernes, 29 de enero de 2016

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

O día 27 de Xaneiro celebrouse na Biblioteca un obradoiro de papiroflexia con motivo do DÍA DA PAZ. A profe Vivi foi  a encargada de impartilo coa axuda dos nen@s do obradoiro de papiroflexia de sexto nivel. Fixeron unha pomba da paz.











Hoxe celebraremos a nivel de centro o DÍA DA PAZ .Cantaremos as cancións de " Todos somos capitanes" de Magín Blanco e bailaremos "A caminho de Viseu". Na aula de música, o alumnado,  estivo aprendendo as cancións, os xestos e o baile.







martes, 26 de enero de 2016

RADIO SABIDIÑA






O luns 25 Asier, Ismael, Noé e Giulio como representantes de Radio Sabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Escolar na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:

  • A biblioteca comenza a abrir as súas portas os martes pola tarde, en horario de 4 a 5 horas.O alumnado pode acudir a ler.
  • O día 27 de xaneiro celebrarase na Biblioteca un obradoiro con motivo do Día da Paz.
  • Comenza o préstamo de DVD para levar a casa.

Lembrade  amigos e amigas que aínda que non a vexades,  Sabidiña está agochada entre os libros.


domingo, 24 de enero de 2016

CLUB DE LECTURA

Comenzamos este curso co Club de Lectura, agárdanos fascinantes historias que compartir.Lembrade que mañá temos a primeira xuntanza.




miércoles, 20 de enero de 2016

CALENDARIO DO LIBRO E DE LECTURA 2016

Calendario do libro e da lectura 2016


Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A delicadísima ilustración é de Tania Solla.