lunes, 29 de febrero de 2016

VENRES DE CONTO

V  E N R E S        D  E     C O N T

Este venres comenzamos coa actividade VENRES DE CONTO. As encargadas de ler o conto aos máis pequenos do cole foron SARA e LUCÍA, alumnas que participan no voluntariado de lectura-A,.Leron un conto  que titulábase "Animales de la selva" e contiña pop up.Gustoulle moito os nenos e fixérono xenial.

LUCÍA E SARA








domingo, 28 de febrero de 2016

OBRADOIROS DE MATERIAIS PARA XOGOS

Este xoves continuamos facendo bolas de malabares xa que algúns alumnos non remataran  a actividade.O taller está enfocado a elaboraci´pn de materiais de educación física para actividades de lecer, a partir de obxectos de desfeito.








jueves, 25 de febrero de 2016

VENRES DE CONTO

Este venres dará comenzo a actividade "VENRES DE CONTO". Os alumn@s participantes no Voluntariado de Lectura-A serán os encargados de ler un conto elexido  e preparado por eles os máis pequenos do noso cole.

Para que o alumnado coñecera a nova actividade  uns voluntarios pasaron polas aulas para informalos.

                                        AGARDÁMOSVOS


miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemórase o  DÍA DE ROSALIA DE CASTRO, aniversario do nacemento da poetisa galega.

Rosalía de Castro
(1837 - 1880 )

Na biblioteca temos unha exposición de libros da autora. Tamén podedes consultar os diferentes enlaces para achegarvos a figura desta poetisa galega.







Editado pola fundación Rosalía de Castro

LIM basado no libro "Rosalía"










LIM sobre o poema "Parece unha rosa"






Adios Rios, Adios Fontes - Rosalia de Castro / Amancio Prada


martes, 23 de febrero de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS

Comenzamos este xoves, dentro dos xoves xogamos, cos obradoiros de materiais para xogos que levan a cabo as profes de E.F.( Laura e Anabel)  en colaboración coa Biblioteca e o alumnado voluntario da mesma. Este xoves elaboramos pelotas de malabares, cuns materiais moi sinxelos : globos, arroz e guantes de plástico.

Quedaron así de chulas.Grazas a tod@s por participar.




















jueves, 18 de febrero de 2016

NOVAS ADQUISICIÓNS




L E C T U R A




A nosa Biblioteca aumenta os fondos con novos volumenes de consulta moi interesantes. A nova adquisición inclúe : Atlas do mundo, libros de cociña, libros de emocións, Atlas e libros relacionados co planeta terra e dúas coleccións moi interesantes, simplemente ciencia e simplemente matemáticas.


Agardamos que disfrutedes coa súa lectura.

miércoles, 17 de febrero de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS


Lembrade que mañá comenza o obradoiro para crear materiais para xogos, dentro da actividade os xoves xogamos.Que levaran a cabo as profes Anabel e Laura coa axuda dos axudantes de biblioteca.

O taller está enfocado para a elaboración de materiais de educación física e para actividades de lecer, a partir de obxectos de desfeito e que non están construidos para este fin.
Cada xoves elaboraremos un material diferente, para que os alumnos e alumnas interioricen a importancian de reciclar, e observen as diferentes maneiras de convertir algo que xa non sirve, nun material divertido e atractivo para a práctica deportiva.
Obxectivo:
  • Comprender a importancia de reciclar obxectos de desfeito para convertilos, mediante manipulación propia, en obxectos atractivos para a práctica da actividade deportiva e ocupación do tempo de lecer.

AGARDÁMOSVOS




viernes, 12 de febrero de 2016

VOLUNTARIADO DE LECTURA-A





Un ano máis participamos na iniciativa de Bibliotecas Escolares Solidarias 2015 / 2016, Voluntariado de lectura -A. Participaremos en dúas modalidades :modalidad 1 :colaboración coa biblioteca escolar e modalidad 2 :Ler con ...D (lecturas compartidas dentro do centro).


Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultura, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social).


Centros adscritos ao voluntariado de Lectura-A (primaria).




Os nosos axudantes de Biblioteca para este curso, como sempre, dispostos a axudar e colaborar ao máximo coas profes do equipo de Biblioteca.Sodes estupendos é un placer contar con nen@s tan implicados na biblioteca.

Grazas, por adicar o voso tempo a colaborar e axudar.






jueves, 4 de febrero de 2016

ENTROIDO DE CONTOS

SABIDIÑA NO ENTROIDO

Neste entroido o tema elexido foron os contos, así que cada nivel elexiu un conto para a súa temática.Na biblioteca temos expostos os contos elexidos polos niveis .





  • 1º: 101 dálmatas.
  • 2ºAlicia en el país de las maravillas.
  • 3º Peter Pan.
  • 4º Bancanieves y los siete enanitos.
  • 5º Las mil y una noches.
  • 6º El soldadito de plomo.
Na biblioteca tamén temos unha exposición de libros do inverno para poder consultar nas horas de biblioteca asinadas as aulas ou nos recreos.








miércoles, 3 de febrero de 2016

CLUB DE LECTURA





O luns 25 de xaneiro, o alumnado participante no CLUB DE LECTURA reuniuse por primeira vez.Nesta primeira xuntanza explicamos cales eran as normas do funcionamente do club de lectura, en que consistía ser membro do club de lectura e o seu compromiso.Repartimos o material:unha carpeta, unha libreta e como non imprescindible un libro.

Este ano contamos con 25 alumn@s que participan no club de lectura que coordina a profe Ángeles, membro do equipo de biblioteca.

O libro elexido para comenzar esta andaina foi : Escarlatina , a cociñeira defunta de Ledicia Costas.Nunha pequena homenaxe a súa autora que no 2015 recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.