martes, 31 de mayo de 2016

RADIOSABIDIÑA




O luns 30 de maio   como representantes de Radio Sabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Escolar na sección de "Sabidiña informa" e aproveitaron para despedirse ata o próximo curso.As novas foron as seguintes:
  • Xa podemos   utilizar  os carnet na hora de  biblioteca coa mestra ou mestre pero de monento non deben saír da biblioteca.
  • Podemos levar para casa os libros de poesía, cociña e teatro.
  • O día 3 de xuño sabidiña marcha de vacacións , así que ese día todos os libros de préstamo deben estar de volta na biblioteca para quedar gardados ata o curso que ven.Loxicamente, a partires dese día xa non se fará máis préstamo.


E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.





jueves, 26 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN : A ESCOLA DOS AVÓS


Dentro dos actos de Letras Galegas, na entrada do noso cole tedes a exposición : A ESCOLA DOS AVÓS, organizada por Dinamización Lingüística coa colaboración das familias do noso alumnado que aportan materiais para dita exposición.















miércoles, 25 de mayo de 2016

OBRADOIRO DE MATERIAIS PARA XOGOS

Durante os dous últimos xoves estivemos realizando no obradoiro de materiais uns pompons de la .Os nosos axudantes coma sempre dispostos a axudar aos máis pequenos, xa quenesta ocasión o traballo a realizar tiña un pouco de dificultade e como sempre coa axuda da nosa compañeira de E.F. a profe Laura.Ao final, quedaron moi chulos.












Aqui tedes un video por si vos animades a facer uns pompóns.


lunes, 16 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016


O escritor lucense Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) é o autor homenaxeado no Día das Letras Galega no ano 2016.

Na biblioteca temos un recuncho adicado o autor homenaxeado, na entrada diferentes paneis adicados o Día das Letras Galegas.






Diferentes recursos e páxinas interesantes para traballar a figura do autor homenaxeado.

MATERIAIS DIDÁCTICOS DA COORDINADORA GALEGA DOS ENDL

MATERIAIS DIDÁCTICOS DA COORDINADORA GALEGA DOS ENDL


CASA MUSEO MANUEL MARÍA


MATERIAIS DO SEMINARIO GALAN

MATERIAIS DE PRIMAVEIRA DAS LETRAS







jueves, 12 de mayo de 2016

VISÍTANOS XABIER P. DOCAMPO


Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946).Foi  mestre aínda que hoxe está xubilado.Tamén foi actor de teatro, autor e director de guións para cine, radio e vídeo, guionista e contacontos entre outros traballos.Obtivo diferentes premios entre eles o Premio Nacional de Literatura infantil e Xuvenil no 1995 pola súa obra "Cando petan na porta pola noite".

E autor  dunha extensa obra narrativa, entre as que destacamos: o misterio das badaladas, Cun ollo aberto e outro sen cerrar, O libro das viaxes imaxinarias, A nena de auga e o principe de lume.


O martes 10 de maio o alumnado de sexto nivel recibiu a visita na Biblioteca do escritor Xabier P.Docampo, Os encargado de presentalo foron: Raúl, Sara e Lucía alumnos participantes no Voluntariado de Lectura.





RAÚL, SARA E LUCÍA DURANTE A PRESENTACIÓN DO AUTOR












lunes, 9 de mayo de 2016

VENRES DE CONTO


Candela, Ainhoa, Lara, Yoli, Marta A. e Marta Lemos

Este venres o alumnado participante  no Voluntariado de Lectura, preparou o conto da "Ratita Presumida" para o alumnado do primeiro ciclo. Eles mesmos elaboraron  os titeres cos personaxes do conto , buscaron en internet os personaxes ,  colorearonnos,  platificámolos e puxémoslles uns paliños de xeado .   Pasáronno moi ben escoitando a historia e gustoulles moito .