jueves, 30 de junio de 2016

CLUB DE LECTURA

Os alumnos participantes no CLUB DE LECTURA participaron o luns  27 nun Xornada de Xogos relacionados coa lectura do seu último libro "Los ambigu y el caso de la estatua" de Flavia Company.Rematamos a xornada cunha merenda para despedir a andaina neste curso.As profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de levar a cabo esta xornada.














.

Grazas a tod@s por seguirnos a través do blog. Disfrutades da lectura e do verán.......ata setembro.





martes, 21 de junio de 2016

ENTREGA DE DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO DE LECTURAS



Este luns na Biblioteca na  hora do recreo entregáronse  os agasallos  e o  Diploma ao VOLUNTARIADO DE LECTURA, concedidos pola Xunta de Galicia no seu programa de "Voluntariado de Lectura-A " que organiza a Dirección de Centros e Recursos Humanos en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A encargada de entregar os diplomas foi a coordinadora do Voluntariado de Lectura, a profe Ángeles.

Dende o equipo de Biblioteca queremos darvos as GRAZAS pola vosa colaboración e participación ao longo de todo o curso,MOITÍSIMAS GRACIAS por adicar o voso tempo de lecer  os demais colaborando nesta iniciativa, sodes estupendos.

VOLUNTARIADO DE LECTURA DE 6º

VOLUNTARIADO DE LECTURA 5º

A PROFE ÁNGELES E OS VOLUNTARIOS  DE LECTURA DE 5º 

domingo, 19 de junio de 2016

NOVAS DA BIBLIOTECA


  • MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras  están de volta na Biblioteca.Durante todo o curso, o noso alumnado disfrutou das mochilas viaxeiras .No caderno das mochilas anotaron as cousas que máis lle gustaron, fixeron debuxos dos libros e diversos comentarios.Que traballos mais chulos.
Esperamos de pasárades un bo rato lendo e compartindo a mochila viaxeira, MOITAS GRACIAS a tod@s polos vosos traballo.



  • REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
        O mércores día 15 de xuño o club de lectura xuntouse para falar do libro que leran:"Los Ambigú y el caso de la estatua" de Flavia Company.Durante a xuntanza tamén preparamos por equipos as preguntas que logo imos a utilizar na xornada de xogos que realizaremos a finais de xuño, como despedida do curso.




  • VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL AO CEP ALTAMIRA
 O xoves 16 o noso cole recibiu unha visita moi especial, ao alumnado do último curso que infantil do CRA Raíña Aragonta que o ano que ven serán os alumnos de primeiro.Visitaron todas as instalación do cole acompañados polas súas profes e como guías da visitas os nen@s de primeiro e os seus titores.
Na biblioteca escoitaron un conto , lido polos titores de primeiro ou polo propio alumnado .


















Os libros que lle leron o alumnado de infantil

sábado, 18 de junio de 2016

VISÍTANOS MARCOS S.CALVEIRO




Rita, Gabriela e Sabela foron as encargadas de presentar o autor.













Os traballos do alumnado sobre o libro"El cartero de Badgag"