miércoles, 30 de noviembre de 2016

AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Para integrar o alumnado de 5º e 6º na xestión e dinamización das actividades da BIBLIOTECA, convocamos un ano máis os axudantes de biblioteca.Do 28 de NOVEMBRO ao 2 DE DECEMBRO  o  alumnado interesado en participar deberá pasar nos recreos pola biblioteca  para cubrir a ficha  e ler o compromiso .


ANIMÁDEVOS A PARTICPAR !!!

jueves, 24 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO:DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro de cada ano celébrase o día internacional contra a violencia de xénero.
Aquí tedes algúns recursos para traballar o tema nas aulas :


Na biblioteca tedes unha exposición de libros para traballar o tema tanto na hora de biblioteca cos titores coma na hora do recreo.





O venres 25 na biblioteca escoitaremos dous contos :Rosa Caramelo e Artur e Clementina de Adela Turin e ilustrado por Nela Bosnia da editorial Kalandraka.Despois veremos un corto dos dous contos.









lunes, 21 de noviembre de 2016

RADIOSABIDIÑA



Marta L. e Lara 


O venres 18 de novembro
Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:


  • O mércores 23 sairá a convocatoria destinada ao alumnado de 5º para participar na biblioteca como axudantes da mesma.

  •  As mochilas viaxeiras comenzaron a súa andaina as familias para disfrutar da lectura en familia.

  • A semana do 21 ao 24 comenzaremos coa formación de usuarios para lembrar a importancia das normas, espazos da biblioteca, préstamos, actividades....

  • Xa temos listos os DVD para que podades empezar a disfrutar do cine na casa,lembrade que cada aula pode levar como máidades....

  • Na biblioteca temos un buzón onde podedes anotar todo o que se vos ocurra: libros, revistas,comic para recomendar ou suxerir.

E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

domingo, 13 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Dentro do proxecto lector do centro levamos a cabo a actividade de fomento da lectura "Mochilas Viaxeiras". A mochila inclúe diversos materiais e o caderno viaxeiro .Serán 25 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de novembro ata comzos de xuño en que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@.Con todos os cadernos viaxeiros fárase unha exposición na biblioteca ao finalizar o curso.

As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado , as familas e a biblioteca e proporciona a oportunidade de facer lecturas compartidas econversas sobre os libros.

Cada familia é importante:

.Puntualidade á hora de entregar a mochila.
.Coidar do seu contido.
.Comprobar que o seu contido este completo.
.Desfrutar xuntos do material.

O contido da Mochila é variado:

-Nota para ás familias.
-Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista.
-Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá: o nome do alumno/a, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.



O equipo de biblioteca entregou esta semana as mochilas nas aulas para comenzar a súa andaina.










miércoles, 2 de noviembre de 2016

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS 2016

O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega. 

A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 


O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares.