lunes, 27 de noviembre de 2017

COÑECEMOS A...

A pregunta desta semana(27 del 11 ao 1 del 12) é :

  • O cadro atópase en que Museo? 
  • En que cidade?

As resposta deben deixarse no buzón habilitado na biblioteca, indicando aula-grupo e a resposta.Tedes ata o venres 1 de decembro .

LEMBRADE TEDES ATA O PRÓXIMO VENRES!!!

Non vos despistedes!!!


miércoles, 22 de noviembre de 2017

EXPOSICIÓN DE NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Xa temos na biblioteca novas adquisicións de libros.Tédelas colacadas na mesa de exposición de NOVIDADES.Podedes botarlle unha ollada e xa sabes que durante unha semana estarán na exposición para consultar.Despois pasarán as estanterías de préstamos para  que disfrutedes dos novos títulos.






martes, 21 de noviembre de 2017

COÑECEMOS A...

Gústanche a arte? Queres coñecer  pintores famosos? Descubrir a súas obras? Visitar museos?Atréveste a ler, investigar e aprender.


Cada semana o equipo de biblioteca lanzará unha pregunta relacionada co cadro adxudicado a cada nivel.

A pregunta desta primeira semana é :


  • Título do cadro e nome do autor?





As resposta deben deixarse no buzón habilitado na biblioteca, indicando aula-grupo e a resposta.Tedes ata o venres 25 .

Non vos despistedes!!!


lunes, 20 de noviembre de 2017

RECURSO PARA TRABALLAR ARTE


INVESTIGACIÓN: COÑECEMOS A...,é a proposta de traballo do proxecto anual de biblioteca.Dispoñedes dunha recopilación de recursos web:contos, vídeos, películas, biografías,xogos , cadros ...elaborados polo equipo de biblioteca neste symbaloo.


jueves, 16 de noviembre de 2017

AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2017/18

Despois da inscripción do alumnado, o xoves 15 tivo lugar na Biblioteca a presentación dos AXUDANTES DE BIBLIOTECA. As profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de darlles a benvida e levar a cabo unha sesión de formación de usuarios para que coñeceran as súas funcións e as actividades que ían  a levar a cabo.

Antes de nada, grazas a tod@s , por colaborar na biblioteca e BENVIDOS.



martes, 14 de noviembre de 2017

ARTE CON FROITOS DE OUTONO

O equipo de dinamización da lingua Galega coa axuda das familias preparou unha exposición relacionada cos froitos do outono.O alumnado tiña que realizar  creacións artísticas libres con froitos do outono utilizando  follas, froitos, ourizos, piñas... recreando animais, paisaxes, personaxes ou todo o que se lles ocorrera.Tamén podían elaborar centros de mesa con productos típicos de outono.

Que ben o fixeron,  que artistas!!











miércoles, 8 de noviembre de 2017

QUE É A ARTE?

Comezamossssss!

Este ano o noso proxecto leva por título: Sabidiña, que arte! Durante a formación de usuarios cada nivel tiña un cadro adxudicado  que debía compoñer con pequenas pezas.Ese era o punto de partida do noso proxecto. Estos son os cadros:

  • 1º ciclo



  • 2º ciclo

  • 3º ciclo


Antes de comenzar a investigar, imos facer unha chuvia de ideas contestando a seguinte pregunta: Que é a arte?


As titorías deberán enviar unha mensaxe ao correo electrónico da biblioteca, biblioaltamira15@gmail.com,do xoves 9 ao martes 14  indicando  aula-grupo e as resposas .



jueves, 2 de noviembre de 2017

AXUDANTES DE BIBLIOTECA



AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Para integrar o alumnado de 5º e 6º na xestión e dinamización das actividades da BIBLIOTECA, convocamos un ano máis os axudantes de biblioteca.Do 6 ao 10 de NOVEMBRO   o  alumnado interesado en participar deberá pasar nos recreos pola biblioteca  para cubrir a ficha  e ler o compromiso .


ANIMÁDEVOS A PARTICPAR !!!