viernes, 21 de diciembre de 2018

ENTREGA DE PREMIOS DO VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

No festival de Nadal dos diferentes ciclos tivo lugar a entrega de PREMIOS do concurso de postais de nadal organizado pola Biblioteca do centro.O tema central era o nadal e as viaxes .O xurado estaba composto polos integrantes do equipo de biblioteca, un membro do equipo directivo, o coordinador do equipo de dinamización lingüística e a coordinadora de actividades complemetarias.Os encargados de entregar os premios ao alumnado gañador foi o equipo de biblioteca.O premio foi un libro e un diploma.

  • GAÑADORES DE 1º NIVEL






 ANTÓN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ -1ºB


 NEREA ALONSO ÁLVAREZ -1ºD


GAEL RODRÍGUEZ FERREIRA -1º C
  • GAÑADOR DE 2º NIVEL




LAURA RODRÍGUEZ VILA- 2ºC

GAÑADORES DO 1º CICLO

  • GAÑADOR DE 3º NIVEL


SERGIO COTO FERNÁNDEZ - 3ºB

  • GAÑADORES  DE 4º NIVEL




 SARA FERNÁNDEZ VAQUEIRO -4ºD



AMAIA TRONCOSO MONTEIRO -4ºB


GAÑADORES DO 2º CICLO


  • GAÑADOR DE 5º NIVEL




IRENE BARREIRO BESADA -5ºA

  • GAÑADORES DE 6º NIVEL


 NAIRA MARTÍNEZ GONZÁLEZ -6ºA



ANDREA SANMIGUEL TRONCOSO - 6ºB




GAÑADORES 3º CICLO

miércoles, 19 de diciembre de 2018

ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.O equipo de biblioteca foi o encargado de entregalas nas aulas debido a que a noso cole atópase en obras.

Neste curso o seu contido foi diferente intentando mellorarlo, según as propostas das enquisas realizadas o curso pasado. Serán 26 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de decembro ata mediados de xuño que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@. No caderno das mochilas anotaran as cousas que máis lle gusten,tamén poder facer debuxos dos libros e diversos comentarios.Con todos os cadernos viaxeiros faremos unha exposición antes de rematar o curso.

As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado , as familas e a biblioteca e proporciona a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros.Agardamos que pasedes un tempo de lecer en familia disfrutando do seu variado contido.

B o a s    l e c t u r a s.



















martes, 18 de diciembre de 2018

VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Na entrada do centro está colocada a exposición das postais realizadas polo alumnado participante no VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, a entrega de premios terá lugar no Festival de Nadal de ciclos os días 20 e 21 de decembro.






Tamén podedes ver a exposición realizadas diferentes aulas do centro como proposta de Nadal do equipo de actividades complementarias .








lunes, 17 de diciembre de 2018

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL 2018

Un ano máis chega o Nadal, e seguro que estades a escribir as cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel, para que poidades incluir nelas algúns libros, música , poesía e contos aqui tedas a Guía de Nadal .Ademais de compartir en familia eses nomentos entrañables e máxicos en torno á lectura.


Estas son as lecturas que traballaremos á volta das vacacións elexidas polos distintos niveis.O equipo de biblioteca tendo en conta a temática do proxecto anual deste curso :SABIDIÑA  POLO MUNDO preparou unhas recomendacións de nadal.








Durante o curso contaremos  coa presenza dos autores/as e contacontos que compartirán momentos especiais con nós para falarnos dos seus libros.


      Bo Nadal e Felices Lecturas!!!