viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN.CASTELAO

Os alumnos do Voluntariado de Lectura - A , prepararon un traballo adicado a CASTELAO coincidindo coa celebración do DÍA DA ILUSTRACIÓN 2014.

Voluntariado de Lectura participante: Iria, Noelia, Nerea E., Ainhoa, Paula, Ariadna e  Clara.

Aqui tedes a súa preparación e o traballo que elaboraron. DÍA DA ILUSTRACIÓN 2014 from Bibliosabidiña on Vimeo.






jueves, 30 de enero de 2014

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN

A Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria inclúe por primeira vez, no calendario da Lectura de 2014,a celebración do Día da Ilustración en Galicia,coincidindo coa data de nacemento de CASTELAO,e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega.
O obxectivo é destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.


Miguelanxo Prado,gañador do Premio Nacional de Comic 2013, é o autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración 2014.

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2014

miércoles, 29 de enero de 2014

RADIO SABIDIÑA

A nosa axudante da Biblioteca, Paula, acudiu a Radio Altamira para informar das novas da Biblioteca neste mes de xaneiro.
Recordoulles a todos  que:
1.-Seguía aberto o concurso para poñer o nome a vaca  ata o 31 de xaneiro, que a vaca vai visitar as aulas de 1º,2º e 3º e  despois voltará  á Biblioteca coa súa amiga Sabidiña.
2.-Que os Reis trouxeron un montón de libros que proximamente estarán nas estanterias preparados para  levar a casa mediante o préstamo como : cómics de Tea e  Geronimo Stilton, libros de Pupi, Scooby, Retoñito...
E lembrade que Sabidiña segue agochada na nosa Biblioteca ainda que nos non a vexamos.




sábado, 25 de enero de 2014

O UNIVERSO DE PUPI

Pupi é un personaxe creado pola escritora María Menéndez-Ponte que lle encanta os mais pequenos do noso cole. Por iso os Reis Magos trouxéronlles uns cantos libros de Pupi para que puideran ler moitísimo.

Libros de Pupi e a súa autora María Menéndez-Ponte


Pupi é un extraterrestre que vive nun pequeno planeta chamado Azulón a miles de galaxias da terra.Nunha das súas viaxes, a súa nave estrellouse no patio dun colexio.Gustáronlle tanto  os nenos e o cole que decidiu quedar na terra unha larga tempada.Desde entón vive na casa de Conchi. Pupi ten poderes máxicos,cando move as súas antenas, pode viaxar no tempo e no espacio.


viernes, 24 de enero de 2014

25 ANOS SEN DALÍ

O 23 de Xaneiro deste ano fai 25 anos que morreu Salvador Dalí.

SALVADOR DALÍ (1904 - 1989)
PINTOR E ESCULTOR ESPAÑOL

miércoles, 22 de enero de 2014

REUNIÓN COS PAíS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA

O martes día 21 de xaneiro tivo lugar na Biblioteca unha reunión informativa cos país do alumnado participante na iniciativa de "Voluntariado de Lectura- A".

O obxectivo desta xuntanza foi:

-Coñecer aos país.
-Explicarlles dita iniciativa e as actividades ( contribuir ao bo funcionamento da biblioteca, acompañamento na lectura a outros compañeiros, animacións da lectura, club de lectura, etc.) nas que están a participar os seus fillos neste curso na Biblioteca escolar.



MOITAS GRACIAS A TOD@S  POLA VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN.


jueves, 16 de enero de 2014

VOLUNTARIADO DE LECTURA A

Este ano a nosa biblioteca está a participar nunha iniciativa denominada "Voluntariado de Lectura- A ", integrada no programa HORA DE LER, para o fomento da lectura nos centros de ensino con dúas modalidades: Colaboración coa Biblioteca escolar e Ler con ...D.
O alumnado participantes son os alumnos de 5º nivel . Coas  actividades que se levan a cabo preténdese favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade, así  como fortalecer as competencias en materia de comunicación lingüística e de autonomía e iniciativa persoal, entre outras.
Aqui tedes os nosos axudantes neste curso.




CARNET AXUDANTES DE BIBLIOTECA

miércoles, 15 de enero de 2014

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

QUE GUAI! Hoxe cando entramos na biblioteca puidemos ver os agasallos que os Reis nos trouxeran. O moble que por certo estaba repleto de moitísimos libros e a vaca cos libros dos bolechas.

GRACIAS SABIDIÑA por pedirlle os agasallos os Reis Magos.




AGASALLO DOS REIS MAGOS from Bibliosabidiña on Vimeo.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS

Aqui tedes o video da entrega de PREMIOS do CONCURSO DE POSTAIS da biblioteca.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

martes, 14 de enero de 2014

OS REIS CHEGARON A BIBLIOTECA

Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial xa que os profes encargados da biblioteca trouxéremonos as aulas unha carta de SABIDIÑA , onde nos dicia que os REIS MAGOS pasaran pola biblio deixándonos uns agasallos.

Os agasallos son : un moble para colocar libros e unha vaca que na súa barriga ten libros dos bolechas. Tamén deixounos un encargo que tiñamos que poñerlle un nome a VACA.

LEMBRADE QUE TEMOS QUE BUSCARLLE NOME A VACA. A PENSAR!!

Aqui vos deixo as cartas que recibimos de Sabidiña.