sábado, 25 de enero de 2014

O UNIVERSO DE PUPI

Pupi é un personaxe creado pola escritora María Menéndez-Ponte que lle encanta os mais pequenos do noso cole. Por iso os Reis Magos trouxéronlles uns cantos libros de Pupi para que puideran ler moitísimo.

Libros de Pupi e a súa autora María Menéndez-Ponte


Pupi é un extraterrestre que vive nun pequeno planeta chamado Azulón a miles de galaxias da terra.Nunha das súas viaxes, a súa nave estrellouse no patio dun colexio.Gustáronlle tanto  os nenos e o cole que decidiu quedar na terra unha larga tempada.Desde entón vive na casa de Conchi. Pupi ten poderes máxicos,cando move as súas antenas, pode viaxar no tempo e no espacio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario