viernes, 23 de mayo de 2014

TEATRO DE TITERES PARA INFANTIL CRA RAÍÑA ARAGONTA

Hoxe, tivemos unha visita moi especial,  o alumnado de 3 años do CRA Raíña Aragonta asistiu a nosa Biblioteca para ver a obra de Titeres "OS TRES PORQUIÑOS".O Voluntariado de Lectura foi o encargado de representala.Os días 26 e 28 asistira o alumnado de 4 e 5 años.

VOLUNTARIADO DE LECTURA

Aqui tedes o video do noso teatrillo de títeres"OS TRES PORQUIÑOS"

lunes, 19 de mayo de 2014

TEATRO DE TITERES "OS TRES PORQUIÑOS"

O venres día 15 de maio, para festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o Voluntariado de Lectura representou a obra de titeres "Os tres porquiños" para o alumnado do primeiro ciclo.



VOLUNTARIADO DE LECTURA:
 CHENOA, LORENA, PAULA, ARIADNA, CLARA, YASIRA, ELENA Y NURIA
.

jueves, 15 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Durante esta semana adicada ás LETRAS GALEGAS a biblioteca organiza as seguintes actividades:

  • OBRADOIRO de marcapaxinas para o alumnado do 2º Ciclo.
  • Cartel do autor homenaxeado  Xosé Mª  Díaz Castro, feito polo Voluntariado de Lectura.
  • Material didáctico para traballar Letras Galegas e o seu homenaxeado.
  • Teatro de Títeres  a cargo do Voluntariado de Lectura para 1º Ciclo e E. Infantil.

    CARTEL LETRAS GALEGAS 2014
    XOSÉ Mª. DÍAZ CASTRO

    REALIZADO POLO VOLUNTARIADO DE LECTURA :
     YEDRA, ROCÍO, ALEJANDRA, PAULA E CARLA.
    OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS PARA SEGUNDO CICLO

lunes, 12 de mayo de 2014

PINTIÑA VISITA OS TERCEIROS

O luns 5, os nenos de 3º B  recibiron unha sorpresa da Biblioteca, disfrutar da vaquiña PINTIÑA durante unha semana. Cando abriron a maleta atopáronse cuns libros moi chulos sobre diferentes temas : a rúa, os animais domésticos, o corpo, a roupa, etc. Foi unha lectura moi divertida e disfrutaron un montón lendo.



viernes, 9 de mayo de 2014

VISITA DO AUTOR ANTONIO MANUEL FRAGA

O día 8 de maio, visitounos o escritor eumés ANTONIO MANUEL FRAGA, recibiu o PREMIO MERLÍN polo seu libro O CASTIÑEIRO DE ABRIL, libro de narrativa traballado polo alumnado de sexto de primaria. 

Antonio Manuel Fraga Allegue, nado en Pontedeume en 1976, é un enxeñeiro industrial e escritor galego.
Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol. En 2006 marchou a Coruña, onde traballou na refinaría de petróleo. Trasladouse despois a Alcañiz e en 2010 marchou a Romanía, onde traballou na construción dun parque eólico. Ao regreso da emigración comezou a escribir. En 2013 gañou o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña e o Premio Merlín coa obra O castañeiro de abril.



jueves, 8 de mayo de 2014

ANIMACIÓN Á LECTURA NOS CUARTOS

O día 6 de maio os alumnos de cuarto tiveron un animación á lectura a cargo de Benxamin, animador e ilustrador.Os alumnos leran o libro de DOWN de An Alfaya .


lunes, 5 de mayo de 2014

MATERIAL LETRAS GALEGAS 2014


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras realizadasEscribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de intereseO seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).



Aqui tedes material para traballar A Xosé María Díaz Castro o homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Seminario Galán ( documentación por ciclos, actividades en liña e albún de fotos)
Poeta Diz Castro (Vida e obra do poeta galego)
Real Academia Galega(Biografía e obra )


Poema de Xosé María Díaz Castro musicado por Xoán Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os Ventos. O recitado é do propio poeta e a súa gravación cedida por Xulio Xiz