lunes, 30 de junio de 2014

ATA SETEMBRO


Grazas a tod@s por seguirme a través deste blog.Disfrutade da lectura e ...espérovos en setembro.Una aperta.

SABIDIÑA


viernes, 20 de junio de 2014

ENTREGA DE DIPLOMAS AO VOLUNTARIADO DE LECTURA

Este xoves na Biblioteca na  hora do recreo entregáronse  os agasallos  e Diploma ao VOLUNTARIADO DE LECTURA, concedidos pola Xunta de Galicia no seu programa de "Voluntariado de Lectura-A " que organiza a Dirección de Centros e Recursos Humanos en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.Os encargados de entregar os diplomas foron a nosa directora Monste e o noso Xefe de estudios Paco.
Dende o equipo de Biblioteca queremos darvos as GRACIAS pola vosa colaboración e participación ao longo de todo o curso,MOITÍSIMAS GRACIAS por adicar o voso tempo de lecer  os demais colaborando nesta iniciativa.

VOLUNTARIADO DE LECTURA
CURSO 2013 - 2014

miércoles, 18 de junio de 2014

AS MOCHILAS VIAXEIRAS REGRESAN Á BIBLIOTECA

As mochilas viaxeiras  están de volta na Biblioteca.Durante todo o curso, o noso alumnado disfrutou das mochilas viaxeiras .No caderno das mochilas anotaron as cousas que máis lle gustaron, fixeron debuxos dos libros e diversos comentarios.Que traballos mais chulos.
Esperamos de pasárades un bo rato lendo e compartindo a mochila viaxeira, MOITAS GRACIAS a tod@s polos vosos traballo.

TRABALLOS DOS CADERNOS
MOCHILAS VIAXEIRAS
PRIMEIRO NIVEL
SEGUNDO NIVEL

TERCEIRO NIVEL

CUARTO NIVEL

QUINTO NIVEL

SEXTO NIVEL

jueves, 12 de junio de 2014

ARREDOR DE MATILDA

Para rematar as actividades do CLUB DE LECTURA, o martes 10, reunímonos na Biblioteca para falar de MATILDA.

Comenzamos valorando o libro e falando do argumento, despois continuamos coa tertulia sobre diferentes aspectos do libro, as personaxes, os gustos de Matilda , a importancia da televisión, ...
As nosas conclusións:
*Gustounos o final porque nos gustan os finais felices, xa que a señorita Honey e Matilda rematan unidas nun longo abrazo e unha vida por diante para as dúas xuntas.
*É un libro moi divertido.Ten moito sentido do humor.
* A importancia de ter unha familia, o seu agarimo , coidados...
*Aprendemos con Matida o importante que é ter confianza en un mesmo.

Sinopse
Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla e sen apoiala nos seus desexos de aprender.
Un día a envían a un colexio, cunha  directora  que ten atemorizados aos alumnos coa súa actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do colexio.




Gracias a tod@s os compoñentes do club de lectura por esta experiencia tan enriquecerora ao redor dos libros .

jueves, 5 de junio de 2014

XOANIÑA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Os nenos/as da Escola Infantil Xoaniña acompañados das súas mestras estiveron na nosa Biblioteca para asistir a representación do TEATRILLO DE TÍTERES "OS TRES PORQUIÑOS" representado polo Voluntariado de Lectura.Foi unha visita moi especial.