jueves, 12 de junio de 2014

ARREDOR DE MATILDA

Para rematar as actividades do CLUB DE LECTURA, o martes 10, reunímonos na Biblioteca para falar de MATILDA.

Comenzamos valorando o libro e falando do argumento, despois continuamos coa tertulia sobre diferentes aspectos do libro, as personaxes, os gustos de Matilda , a importancia da televisión, ...
As nosas conclusións:
*Gustounos o final porque nos gustan os finais felices, xa que a señorita Honey e Matilda rematan unidas nun longo abrazo e unha vida por diante para as dúas xuntas.
*É un libro moi divertido.Ten moito sentido do humor.
* A importancia de ter unha familia, o seu agarimo , coidados...
*Aprendemos con Matida o importante que é ter confianza en un mesmo.

Sinopse
Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla e sen apoiala nos seus desexos de aprender.
Un día a envían a un colexio, cunha  directora  que ten atemorizados aos alumnos coa súa actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do colexio.




Gracias a tod@s os compoñentes do club de lectura por esta experiencia tan enriquecerora ao redor dos libros .

No hay comentarios:

Publicar un comentario