miércoles, 29 de octubre de 2014
martes, 28 de octubre de 2014
CONTACONTOS DE MEDO
O alumnado de 1º Nivel recibiu hoxe unha invitación de Sabidiña .Xa que mañá mércores, na Biblioteca, haberá un Contaconto de Medo aproveitando a festa do SAMAIN.
viernes, 24 de octubre de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas pois desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil , e en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios, todas as bibliotecarias, a prol da lectura, da educación e da cultura.Nesta data, e diante dos momentos de cambios que sofren as bibliotecas, pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 enunciou "as 5 leis da biblioteconomía":
- Os libros están para usarse.
- A cada lector o seu libro.
- A cada libro o seu lector.
- Hai que aforrar tempo ao lector.
- A biblioteca é un organismo en crecemento.
Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza, atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos de Galicia.
A nosa Biblioteca quixo onmemorar este día cunha exposición de libro sobre: O Outoño, O comenzo do curso e o Samain.
lunes, 20 de octubre de 2014
CARTAS DE SABIDIÑA
Hoxe as aulas recibiron o prometido, A CARTA DE SABIDIÑA, onde entre outras novas anunciaba a Apertura da Biblioteca.
Xa sabes, estou agardándovos.
CARTA DA MASCOTA SABIDIÑA from Bibliosabidiña on Vimeo.
domingo, 19 de octubre de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
Documentos da Biblioteca:
-Normas da Biblioteca.
-Manual para manexarse na Biblioteca.
sábado, 18 de octubre de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
E coa visita das seguintes aulas: 6º B, 4º A, 5º B, 2º C e 5º C remata a Formación de Usuarios.
Grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración.
jueves, 16 de octubre de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
Hoxe estiveron visitando a Biblioteca as aulas de :5º A, 3º D, 2º A, 1º C e 1ºD. Como o alumnado de primeiro é novo no centro era a primeira vez que acudían á Biblioteca e puideron coñecer a nosa mascota Sabidiña.
miércoles, 15 de octubre de 2014
FORMACIÓN USUARIOS
E seguimos coas visitas das distintas aulas á Biblioteca, hoxe estiveron:
2º D, 4º C, 6º A, 2º B e 6º D.
martes, 14 de octubre de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
As aulas de 1º A, 4ºB, 6º C, 3ºA e 4ºD asistiron no día de hoxe á charla de Formación de Usuarios. Aínda que para os alumn@s de 1ºA foi un pouco especial porque nunca estiveran na Biblioteca e coñeceron a nosa mascota Sabidiña.
lunes, 13 de octubre de 2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
Hoxe comenzaron as sesións de Formación de Usuarios nas horas que cada aula ten asignada a Biblioteca. Os primeriros grupos foron : 1º B, 5ºD, 3ºC e 3ºB todos eles acompañados polos seus titor@s.
sábado, 11 de octubre de 2014
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
Na semana do 13 al 17 de outubro, os membros da Comisión de Biblioteca serán os encargados de impartir a Formación de Usuarios ao alumnado e os mestres, durante a hora que cada titoria ten adxudicada no horario semanal da Biblioteca.Así mesmo entregarase ao alumnado a Mochila Viaxeira correspondente a cada aula .
jueves, 9 de octubre de 2014
PLAMBE
O noso Centro, incorpòrase neste curso 2014 -2015 no PLAMBE , Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, (Orde de 25 de marzo de 2014, DOG de 10 de abril) trala valoración da memoria preceptiva do curso 2013/2014, co lema DO PROXECTO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2014-2015 : CULTIVA E CONSUME LIBROS CON SABIDIÑA.
viernes, 3 de octubre de 2014
MOCHILAS VIAXEIRAS 2014-15
Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.
Serán 24 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de outubro ata maio que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@.
Cada familia é importante:
.Puntualidade á hora de entregar a mochila..Coidar do seu contido.
.Comprobar que o seu contido este completo.
.Desfrutar xuntos do material
O contido da Mochila é variado:
-Nota para ás familias.-Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista.
-Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá: o nome do alumno/a, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.
jueves, 2 de octubre de 2014
BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. .
BIBLIOTECAS ESCOLARES...MATEMÁTICO!!! CARTEL DO ILUSTRADOR DAVID PINTOR. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)