viernes, 24 de octubre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas pois desde os anos 90 celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, a instancias da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil , e en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios, todas as bibliotecarias, a prol da lectura, da educación e da cultura.Nesta data, e diante dos momentos de cambios que sofren as bibliotecas, pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 enunciou "as 5 leis da biblioteconomía":
  1. Os libros están para usarse.
  1. A cada lector o seu libro.
  1. A cada libro o seu lector.
  1. Hai que aforrar tempo ao lector.
  1. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza, atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos de Galicia. 


A nosa Biblioteca quixo onmemorar este día cunha exposición de libro sobre: O Outoño, O comenzo do curso e o Samain.




No hay comentarios:

Publicar un comentario