sábado, 31 de enero de 2015
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa nas bibliotecas de xestión autonómica diversas actividades de balde para convidar a grandes e pequenos a festexar esta data. Obradoiros de banda deseñada, faladoiros con ilustradores, exposicións e mostras bibliográficas conforman as propostas que a partir de mañá e durante os próximos días ofrecerán a Biblioteca de Galicia, as bibliotecas públicas de Ourense e de Lugo, e as bibliotecas públicas Miguel González Garcés da Coruña, Ánxel Casal de Santiago de Compostela, Juan Compañel de Vigo e Antonio Odriozola de Pontevedra.
viernes, 30 de enero de 2015
O XOVES XOGAMOS
Este xoves coñecimos un novo xogo que o profe Marcos nos ensinou, chámase "Tiro al pato". O Obxectivo do xogo é moi sinxelo , gaña o xogador que quede cos patos sobre a mesa.
OBRADOIRO DÍA DA PAZ
Durante toda a semana os nen@s que acudiron a Biblioteca tiveron a oportunidade de participar no Obradoiro para conmemorar a Semana da Paz. Asi de chula quedou a nosa porta da biblioteca cos desexos de tod@s .
Gracias a tod@s pola vosa participación.
jueves, 29 de enero de 2015
A HISTORIA DE ERIKA
O martes 27 de Xaneiro lémbrase o Día Internacional da Conmemoración das Víctimas do Holocausto. Na Biblioteca escoitamos " La Historia de Erika " de Ruth Vander Zee a cargo da profe Susana para o alumnado do terceiro ciclo.
"La historia de Erika" da editorial Kalandraca |
Ruth Vander Zee, autora de “La historia de Erika" |
martes, 27 de enero de 2015
O XOVES XOGAMOS
O xoves acudimos a Biblioteca para xogar co profe Marcos. Hoxe aprendemos a xogar co xogo "A polilla tramposa".
É un xogo de cartas moi sinxelo cunha baralla de 72 cartas onde podemos facer trampas, gaña o xogador que antes quede sen cartas.Como é un xogo moi rápido xogamos varias veces e imos anotando as puntuacións negativas nun papel, ao final o que menos puntos negativos teña será o gañador.
jueves, 22 de enero de 2015
30 DE XANEIRO A CULTURA DA PAZ
Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi, hai agora 67 anos. Desde 1964, celébrase o Día Escolar da non violencia e a paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)
Neste enlace tedes materiais para traballar o DÍA DA PAZ
Na Biblioteca temos una exposición de libros relacionados coa Paz, amistade, cariño... que podedes ler nos recreos ou nas horas de bibliotecas cos vos@s titor@s.
Tamén teremos un OBRADOIRO para conmemorar o Día da paz.
O venres día 30 de xaneiro xuntarémonos tod@s para cantar dúas cancións que os nenos estan ensaiando na clase de Música coas profes Paula e Belén .As cancións son : A cantarela dos nenos e O xogo da carrasquiña.
lunes, 19 de enero de 2015
VOLUNTARIADO DE LECTURA " A"
Xa temos ao alumnado que vai a participar neste curso 2014 - 2015 na iniciativa de VOLUNTARIADO DE LECTURA "A" .
Membros do Voluntariado de Lectura "A". Tercer Ciclo
domingo, 18 de enero de 2015
COÑECE OS DEPORTES
Na biblioteca temos expostos os traballos que na Área de E.F., coa súa mestre Laura, fixeron individualmente os alumn@s de sexto nivel co título de: COÑECE OS DEPORTES. Aqui tedes unha mostra dalgúns deles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)