jueves, 22 de enero de 2015

30 DE XANEIRO A CULTURA DA PAZ

Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi, hai agora 67 anos. Desde 1964, celébrase o Día Escolar da non violencia e a paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)


Neste enlace tedes materiais para traballar o DÍA DA PAZ


Na Biblioteca temos una exposición de libros relacionados coa Paz, amistade, cariño... que podedes ler nos recreos ou nas horas de bibliotecas cos vos@s titor@s.







Tamén  teremos  un OBRADOIRO para conmemorar o Día da paz.


O venres día 30 de xaneiro  xuntarémonos tod@s para cantar dúas cancións que os nenos estan ensaiando na clase de Música coas profes Paula e Belén .As cancións son : A cantarela dos nenos e O xogo da carrasquiña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario