jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

  "CULTIVA E CONSUME LIBROS CON SABIDIÑA" foi o proxecto elexido para traballar neste curso. Así que representamos unha horta na Biblioteca e expuxéronse os traballos realizados dende as aulas polo alumnado.O Voluntariado de Lectura de 6º elaborou o cartel do Día do libro.



VOLUNTARIADO DE LECTURA



Hoxe despois do recreo , as aulas participaran no APADRIÑAMENTO LECTOR do DÍA DO LIBRO , onde o alumnado de 4º, 5º e 6º apradriñaran os mais pequenos de 1º, 2º e 3º compartindo un ratiño de lectura, lazos de amizade , relación con nen@s de diferentes idades... 








Por último a profe Belén, encargada de Voz Natura, entregou os premios do concurso de debuxos e tema de Voz Natura para o proxecto do próximo curso os ganadores foron: Antón Lemos de 2ºA e Aaron de 5ºD .





miércoles, 22 de abril de 2015

23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar". 

DÍA DO LIBRO 2015TEXTO DE MARÍA SOLAR


VENRES DE CONTO

Un venres mais os alumnos do Voluntariado de Lectura leron os mais pequenos do noso cole, os rapaces do primeiro ciclo.Este venres os encargados da lectura foron David, Sabrina e Nerea Estévez de 6º A que leron "En el mar".

Fixéronno xenial!!!





DAVID, SABRINA, E NEREA ESTÉVEZ DE 6º A










miércoles, 15 de abril de 2015

HOXE VISITANOS: LEDICIA COSTAS

Hoxe recibimos na nosa Biblioteca  á escritota viguesa LEDICIA COSTAS autora do libro "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DE DEFUNTA" que o alumnado de quinto estivo lendo e traballando nas súas aulas. Este libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2014 e está publicado pola editorial Xerais.

LEDICIA COSTAS

Alumnas do Voluntariado de Lectura foron as encargadas de presentar a escritora .Ledicia estívonos falando un poco do seu libro e tivemos a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades que nos quedaron por descubrir ,entre pregunta e pregunta contounos anécdotas da súa vida que se reflexaban no libro, como a do gato que a súa aboa metera na lavadora.

Brais de 5ºD adicoulle un rap que lle fixera e Rocío deulle un pequeno agasallo.Probaron o biscoito que fixeran os alumnos do taller de cociña dunha das receitas do seu libro . Finalmente asinou no libro de firmas da biblioteca e os libros do alumnado.












Brais cantandolle o seu rap a Ledicia.





Aproveitando a visita da escritora , no recreo, reuniuse  cos compoñentes do Club de Lectura, nunha distendida conversa en torno á lectura, os seus libros, os seus gustos ,autores.... por último comentoulles que lle gustaba moito falar ao revés así que  fixemos a proba e comenzaron as palabras...proba superada.

Gracias Ledicia por adicarnos este pequeno tempo  de conversa.










viernes, 10 de abril de 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA NOS TERCEIROS : MANUEL SOLLA

O 8 de Abril os nen@s de terceiro acudiron a dúas sesións de Animación á Lectura a cargo de MANUEL SOLLA . Nas súas aulas estiveran lendo os libros "Que vienen los dinosaurios"de Mary Pope Osborne e "Cando a terra deixou de xirar" de Fina Casalderrey ambos da Editorial SM. Así que continuaron traballando estes libros xunto co animador en diferentes actividades moi divertidas que lles encantaron.Tiveron que pintar, responder preguntas, facer figuras de escenas do conto, adiviñar escenas......

Que ben o pasaron!












.Gr

Manuel Solla asinando no libro de visitas da Biblioteca.


A profe Amparo preparou este video sobre a animación de Manuel Solla.Graciñas profe.