miércoles, 15 de abril de 2015

HOXE VISITANOS: LEDICIA COSTAS

Hoxe recibimos na nosa Biblioteca  á escritota viguesa LEDICIA COSTAS autora do libro "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DE DEFUNTA" que o alumnado de quinto estivo lendo e traballando nas súas aulas. Este libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2014 e está publicado pola editorial Xerais.

LEDICIA COSTAS

Alumnas do Voluntariado de Lectura foron as encargadas de presentar a escritora .Ledicia estívonos falando un poco do seu libro e tivemos a oportunidade de preguntarlle todas aquelas curiosidades que nos quedaron por descubrir ,entre pregunta e pregunta contounos anécdotas da súa vida que se reflexaban no libro, como a do gato que a súa aboa metera na lavadora.

Brais de 5ºD adicoulle un rap que lle fixera e Rocío deulle un pequeno agasallo.Probaron o biscoito que fixeran os alumnos do taller de cociña dunha das receitas do seu libro . Finalmente asinou no libro de firmas da biblioteca e os libros do alumnado.












Brais cantandolle o seu rap a Ledicia.





Aproveitando a visita da escritora , no recreo, reuniuse  cos compoñentes do Club de Lectura, nunha distendida conversa en torno á lectura, os seus libros, os seus gustos ,autores.... por último comentoulles que lle gustaba moito falar ao revés así que  fixemos a proba e comenzaron as palabras...proba superada.

Gracias Ledicia por adicarnos este pequeno tempo  de conversa.










No hay comentarios:

Publicar un comentario