martes, 30 de junio de 2015

BOAS VACACIÓNS E ATA SETEMBRO

Grazas a tod@s por seguirme a través deste blog. Disfrutade da lectura e ...espérovos en setembro.

Una aperta.

SABIDIÑA





lunes, 15 de junio de 2015

RADIOSABIDIÑA

O venres Iván, o encargado de RadioSabidiña, acudiu a Radio Altamira para despedir a nosa sección e comunicar as últimas novas.
  • A comisión de Biblioteca de parte de Sabidiña quería agradecer a colaboración de tod@s pola participación nas distintas actividades programadas pola Biblioteca: exposicións, obradoiros, traballos, concursos, ...
  • Darlles as gracias a tod@s os Voluntarios que durante todo o curso axudan e colaboran no recreo cos profes da Biblioteca . Felicitalos polo premio acadado tan merecidamente polo seu traballo e esforzo, PARABÉNS.

VOLUNTARIADO DE LECTURA


Esperamos seguir traballando xuntos o próximo curso  e lembrade que a Biblioteca permanecerá pecgada dende o 4 de xuño ata setembro. Recordade que aínda que non a vexades Sabidiña está agocha entre os libro. Unha aperta.



jueves, 11 de junio de 2015

II XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO

Os alumnos participantes do Voluntariado de Lectura seleccionados do Cep Altamira chegamos a Culleredo, o CRD sobre as 12:30 horas . Recibiunos a Directora da Residencia e acompañounos  ata as nosas habitacións.Despois  baixamos a comer cos compañeiros dos outros centros.
Ao rematar tivemos unha pequeña xuntanza para coñecernos e presentarnos,Cristina e Pilar déronnos a benvida e entregáronnos o programa de actividades, recibimos uns agasallos dende as bibliotecas escolares.
Acompañounos nesta xuntanza o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal. O alumnado estivo acompañado en todo monento por unha profesora de cada centro e polos membros do equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Esta actividade está organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado , e conta coa colaboración do Centro Residencial Docente de A Coruña.

Despois  fixemos unha foto de grupo .


CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)

CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)-CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo)

CEIP Carlos Casares (Xinzo da Limia, Ourense)


FOTO DE GRUPO XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA 2015


XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA: DIARIO

Comenzamos o mates 26,  co visita  do Grupo  XANDOBELA( CHus e Nerea) que amenizáronnos unha tarde de xogos cooperativos e xogos tradicionais. Pasámolo xenial !!!




Xogos Cooperativos from Angiefidalgo on Vimeo.


Segundo día , mércores 27, visitamos en Coruña a Biblioteca pública "Agora" ,  pola tarde tivemos obradoiros de narración oral con Paula Carballeira e Charo Pita e para rematar o día visitáronnos Tucho Méndez & compañeiros para participar nun obradoiro de robotica.



Explorando a biblioteca


Escoitando o conto nun kamishibai


Con Manuel Aceña


Foto de grupo na BIBLIOTECA ÁGORA



A Ágora máis chinesa, coas Bibliotecas Escolares de Galicia, artigo da Biblioteca Ágora contando a nosa visita.Aqui tedes o enlace.Biblioteca Ágora: voluntarios bibliotecas escolares


Charo Pita obradoiro de narración oral


Obradoiro de robótica


Terceiro día, xoves 28, tivemos un obradoiro de lectura expresiva con Charo Pita e despois bailamos danzas do mundo con Suso Cancelas. Pola tarde visitamos o museo da ciencia MUNCYT na Coruña e para rematar o día fixemos teatro con Paula Carballeira.


Obradoiro con Charo Pita

Visita ao MUNCYT (Coruña)

E para finalizar as xornadas os catro centros seleccionados tivemos que presentar as nosas actividades ante os compañeiros e o fin de festa puxoo Pablo Díaz e Olga Kir cun obradoiro de xogos cantados.


CEIP Ramón Falcón

CEIP Carlos Casares

CEP Altamira

CEIP Francisco Vales Villamarín

CEP Altamira foto de grupo

Aqui vos deixamos o video de presentación coas nosas actividades levadas a cabo na nosa Biblioteca.



Xornadas de convivencia ,Culleredo 2015 from Angiefidalgo on Vimeo.

Cristina, Mª Carmen, Beatriz, Ángeles, Herminia e Pilar

Grazas a Asesoria de Bibliotecas (Cristina, Pilar, Ricardo e José Luis) por adicarnos o voso tempo e cariño e por compartir connosco esta experiencia tan FANTÁSTICA. MOITAS GRAZAS.

CLUB DE LECTURA

O martes día 9  de xuño reuniuse o Club de Lectura , para falar do último libro que lemos neste curso, "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" de Ledicia Costas.Este libro foi premiado no 2014 co Premio Merlín.
O libro non estaba na nosa lista de lecturas.Pero as veces, as cousas ocorren por casualidade. A autora visitou o noso cole para falar co alumnado de quinto e o club de lectura aproveitou a súa visita para falar con ela un ratiño sobre temas de lectura.Encantounos a historia e decidimos que tiñamos que lelo, así que pedímoslles os libros os compañeiros de 5º e ....a ler.  Encantounos a historia.

Ledicia co Club de Lectura na visita a nosa Biblioteca











Club de Lectura






miércoles, 3 de junio de 2015

EXPOSICIÓN TEMÁTICA : MAPAS 3D E OS DEPORTES.

O alumnado sexto nivel traballou temas moi interesantes consultando  materiais en diferentes soportes. O relevo de España e os deportes foron os temas elexidos para esta exposición.
  • O relevo de España, na área de coñecemento do medio, na que realizaron uns mapas 3D que se expuxeron  na biblioteca durante a semana das Letras Galegas.
  • Os deportes, na área de E.F. , a profe Laura pediulles que en parellas elaboraran  un traballo sobre os deportes: regras, fundamentos, vocabulario, ..
As exposicións  dos traballos resultaron moi interesantes.




martes, 2 de junio de 2015

II XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO (A CORUÑA)


CEP Altamira na Biblioteca


O Voluntariado do CEP Altamira no CRD da Coruña (Culleredo) para iniciar as xornadas de convivencia.


Os alumnos e alumnas de Voluntariado de lectura -A , dos centros seleccionados van  pasar catro días( do 26 ao 29 de maio) no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo) onde chegaron a última hora da mañá ás instalacións que acollerán as Xornadas de convivencia arredor dos valores relacionados coa solidariedade, o voluntariado e o traballo colaborativo. Os centros participantes serán:

  

  • CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
  • CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo)
  • CEIP Carlos Casares (Xinzo da Limia, Ourense)
  • CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)