Os alumnos participantes do Voluntariado de Lectura seleccionados do Cep Altamira chegamos a Culleredo, o CRD sobre as 12:30 horas . Recibiunos a Directora da Residencia e acompañounos ata as nosas habitacións.Despois baixamos a comer cos compañeiros dos outros centros.
Ao rematar tivemos unha pequeña xuntanza para coñecernos e presentarnos,Cristina e Pilar déronnos a benvida e entregáronnos o programa de actividades, recibimos uns agasallos dende as bibliotecas escolares.
Acompañounos nesta xuntanza o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal. O alumnado estivo acompañado en todo monento por unha profesora de cada centro e polos membros do equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Esta actividade está organizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado , e conta coa colaboración do Centro Residencial Docente de A Coruña.
Despois fixemos unha foto de grupo .
|
CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra) |
|
CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)-CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo) |
|
CEIP Carlos Casares (Xinzo da Limia, Ourense) |
|
FOTO DE GRUPO XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA 2015
|
XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA: DIARIO
Comenzamos o mates 26, co visita do Grupo XANDOBELA( CHus e Nerea) que amenizáronnos unha tarde de xogos cooperativos e xogos tradicionais. Pasámolo xenial !!!
Xogos Cooperativos from
Angiefidalgo on
Vimeo.
Segundo día , mércores 27, visitamos en Coruña a Biblioteca pública "Agora" , pola tarde tivemos obradoiros de narración oral con Paula Carballeira e Charo Pita e para rematar o día visitáronnos Tucho Méndez & compañeiros para participar nun obradoiro de robotica.
|
Explorando a biblioteca
|
|
Escoitando o conto nun kamishibai
|
|
Con Manuel Aceña
|
|
Charo Pita obradoiro de narración oral
|
|
Obradoiro de robótica
|
Terceiro día, xoves 28, tivemos un obradoiro de lectura expresiva con Charo Pita e despois bailamos danzas do mundo con Suso Cancelas. Pola tarde visitamos o museo da ciencia MUNCYT na Coruña e para rematar o día fixemos teatro con Paula Carballeira.
|
Obradoiro con Charo Pita |
|
Visita ao MUNCYT (Coruña) |
E para finalizar as xornadas os catro centros seleccionados tivemos que presentar as nosas actividades ante os compañeiros e o fin de festa puxoo Pablo Díaz e Olga Kir cun obradoiro de xogos cantados.
|
CEIP Ramón Falcón |
|
CEIP Carlos Casares |
|
CEP Altamira
|
|
CEIP Francisco Vales Villamarín |
|
CEP Altamira foto de grupo |
Aqui vos deixamos o video de presentación coas nosas actividades levadas a cabo na nosa Biblioteca.
Xornadas de convivencia ,Culleredo 2015 from
Angiefidalgo on
Vimeo.
|
Cristina, Mª Carmen, Beatriz, Ángeles, Herminia e Pilar
|
Grazas a Asesoria de Bibliotecas (Cristina, Pilar, Ricardo e José Luis) por adicarnos o voso tempo e cariño e por compartir connosco esta experiencia tan FANTÁSTICA. MOITAS GRAZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario