lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz .Na biblioteca tivemos a semana pasada dúas actividades relacionadas con esta celebración,os voluntarios axudaron en todo monento os máis pequenos e tamén no obradoiro :
  •  Obradoiro de mandalas para a PAZ dirixido ao alumnado de 1º,2º e 3º nivel.


  •  Obradoiro de papiroflexia  dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º nivel que impartiu a profe Vivi coa colaboración dun grupo de voluntarios.













Na biblioteca temos unha exposición de libros ,lecturas pola paz, para traballar esta conmemoración.

LECTURAS POLA PAZ

 Tamén podedes descargar os seguintes contos para traballar o tema nas titorías.

Irene en el Sahara

Wangari



jueves, 26 de enero de 2017

CLUB DE LECTURA

O martes 24 de xaneiro os compoñentes do CLUB DE LECTURA xuntámonos despois de ler Matilda de Roald Dahl (1916 – 1990) para visionar a película do mesmo título cuxo director é Danny de Vito.

No mes de decembro tivemos a primeira reunión onde repartimos os exemplares de Matilda.Eleximos este libro xa que  no 2016 celebramos o centenario donacemento de Roald Dahl.Foi un novelista e autor de contos británico de ascendencia noruega, famoso como escritor para nenos e adultos.Entre as súas obras máis populares están: Charlie y la fábrica de chocolateJames y el melocotón giganteMatildaLas brujas y Relatos de lo inesperado.


Antes de visionar a película xantamos xuntos e compartirmos un rato moi agradable.Quedou moi claro que a elección do título foi moi acertada e todos disfrutaron moito coa lectura e o visionado da película.






Un pequeño resumo da historia:

Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla e sen apoiala nos seus desexos de aprender.Un día a envían a un colexio, cunha  directora  que ten atemorizados aos alumnos coa súa actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do colexio.


Aqui tedes un trailer da película e un pequeno video da  Matilda .







lunes, 23 de enero de 2017

RADIOSABIDIÑA


Marta A. e Marta L. na radio escolar

O venres 20 de xaneiro Marta L. e Marta A., axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar as novidades a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:

  • Na biblioteca hai durante a próxima semana un obradoiro de mandalas da Paz, logo expoñeremolas .
  • O xoves  26 teremos un obradoiro de papiroflexia para 4º, 5º, e 6º con motivo da celebración do día da Paz.
  • Os alumnos de primerio e segundo ciclo xa poden disfrutar da lectura con libros interesantes :cociña, manualidades, valores... , xa que as Pintiñas  están recorrendo as súas aulas.
  • Os carnets do alumnado novo xa estám listos así que en breve comenzaremos o empréstamo polo Meiga.
  • Temos na biblioteca unha exposición de libros relacionados coas Ciencias en préstamo da Asesoría de Bibliotecas Escolares.Utilizádeos con coidado xa que hai que devolvelos en bo estado.
  • Por último, agradecer o traballo dos voluntarios de 5º e 6º nas tarefas da biblioteca e dar a benvida os novos voluntarios de 5º.


E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.


miércoles, 18 de enero de 2017

ENTREGA DAS MALETAS DE PINTIÑAS

Comenzamos o trimestre coa entrega dunhas maletas moi especiais, PINTIÑA-1, PINTIÑA-2, destinadas ao alumnado de primeiro e segundo ciclo.O luns as profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de levalas as aulas , para que os alumnos podan disfrutare compartir  a lectura .