jueves, 26 de enero de 2017

CLUB DE LECTURA

O martes 24 de xaneiro os compoñentes do CLUB DE LECTURA xuntámonos despois de ler Matilda de Roald Dahl (1916 – 1990) para visionar a película do mesmo título cuxo director é Danny de Vito.

No mes de decembro tivemos a primeira reunión onde repartimos os exemplares de Matilda.Eleximos este libro xa que  no 2016 celebramos o centenario donacemento de Roald Dahl.Foi un novelista e autor de contos británico de ascendencia noruega, famoso como escritor para nenos e adultos.Entre as súas obras máis populares están: Charlie y la fábrica de chocolateJames y el melocotón giganteMatildaLas brujas y Relatos de lo inesperado.


Antes de visionar a película xantamos xuntos e compartirmos un rato moi agradable.Quedou moi claro que a elección do título foi moi acertada e todos disfrutaron moito coa lectura e o visionado da película.






Un pequeño resumo da historia:

Matilda é unha nena moi intelixente, con enormes ganas de aprender e a que lle encantan os libros desde moi pequena. Vive nun entorno vulgar cuns pais que se pasan o día diante do televisor sen darse conta das capacidades da súa filla e sen apoiala nos seus desexos de aprender.Un día a envían a un colexio, cunha  directora  que ten atemorizados aos alumnos coa súa actitude terrible e autoritaria. Pero Matilda ten a sorte de ter como mestra á encantadora señorita Honey, que sabe valorar e apreciar os dons da nena. Xuntas intentarán cambiar a situación e mellorar a vida de todos os estudantes do colexio.


Aqui tedes un trailer da película e un pequeno video da  Matilda .







No hay comentarios:

Publicar un comentario