sábado, 18 de febrero de 2017

VISITA A RESIDENCIA CASTRO LAR




Un grupo de alumnos do Cep Altamira de Salceda, participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias dentro da iniciativa do Voluntariado de Lectura-A que leva a cabo a  nosa biblioteca  visitou o venres 17 a residencia da terceira idade Castro Lar en Salceda.
O alumnado representou a obra de títeres "La ratita presumida" para os maiores, quenes os acolleron con entusiamo.Por outra parte, os maiores contáronlles algunhas anécdotas da súa vida, as súas profesións , as súas viaxes polo mundo e algún simpático refrán.Antonio, un dos residentes ,interpretrou a canción "Amapola" que nos emocionou a todos.
Ao finalizar a visita os nenos entregáronlle aos maiores un agasallo que eles mesmo fixeran, un portaretratos con forma de corazón.
Foi unha experiencia de convivencia enriquecedora e moi emotiva para maiores e cativos. Un día inolvidable.







O luns 13 de febreiro o alumnado voluntario representou a obra :La ratita presumida para os nenos de primeiro nivel na biblioteca.








RATITA from Angiefidalgo on Vimeo.

martes, 14 de febrero de 2017

MALETA DOS CONTOS


O  venres 10 de febreiro entregamos a maleta dos contos ao alumnado do terciero ciclo.A maleta contén  libros variados : Guinness World 2015, Cómo dibujar cómics, ¿Verdadeiro ou falso?,¿Dónde está Wally?...para poder disfrutar na aula das lecturas, durante aproximadamente dez días .Esta maleta irá rotando polas aulas de terceiro ciclo da seguinte maneira: 6ºA-B-C-D e 5º A-B-C e D. 



jueves, 9 de febrero de 2017

TRABALLOS DE 3º D. AS PAISAXES

Na biblioteca temos unha exposición de maquetas realizadas polo alumnado de 3º D sobre os distintos tipos de paisaxes que realizaron na aula.









jueves, 2 de febrero de 2017

TRABALLO DO ALUMNADO DE 5º A-B

Estos días temos na Biblioteca unha exposición sobre ECOSISTEMAS.O alumnado dos curso 5º A e 5º B estiveron a traballar nas aulas os distintos ecosistemas do mundo, o seu clima coa súa fauna e flora.