sábado, 18 de febrero de 2017

VISITA A RESIDENCIA CASTRO LAR




Un grupo de alumnos do Cep Altamira de Salceda, participantes no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias dentro da iniciativa do Voluntariado de Lectura-A que leva a cabo a  nosa biblioteca  visitou o venres 17 a residencia da terceira idade Castro Lar en Salceda.
O alumnado representou a obra de títeres "La ratita presumida" para os maiores, quenes os acolleron con entusiamo.Por outra parte, os maiores contáronlles algunhas anécdotas da súa vida, as súas profesións , as súas viaxes polo mundo e algún simpático refrán.Antonio, un dos residentes ,interpretrou a canción "Amapola" que nos emocionou a todos.
Ao finalizar a visita os nenos entregáronlle aos maiores un agasallo que eles mesmo fixeran, un portaretratos con forma de corazón.
Foi unha experiencia de convivencia enriquecedora e moi emotiva para maiores e cativos. Un día inolvidable.







O luns 13 de febreiro o alumnado voluntario representou a obra :La ratita presumida para os nenos de primeiro nivel na biblioteca.








RATITA from Angiefidalgo on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario