miércoles, 26 de abril de 2017
domingo, 23 de abril de 2017
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.
miércoles, 19 de abril de 2017
ANIMACIÓN Á LECTURA EN SEGUNDO E SEXTO NIVEL
A animación para sexto curso foi moi completa e satisfactoria.
En primeiro lugar grazas a animadora, que co seu talento e inxenio fixo que os nenos e nenas de sexto gozaran e participaran plenamente da actividade.
En primeiro lugar presentounos dentro da sua maleta de viaxe, a sua mascoa, un polviño que a acompaña nas suas saidas; despois ensinounos un libro moi pequeno repleto de historias interesantes e cheo de mundos fantásticos.
Posteriormente contounos un conto, no que uns porquiños vivían a sombra de todo o que organizaba e limpaba a sua nai, ata que un día, cansa de tanto traballar e de facer todo, abandona o fogar. Os porquiños, sírvelles de escarmento para valorar e darse conta de todo o que a sua nai fai por eles a diario.
Para rematar, sacou o seu instrumento roqueiro, unha super guitarra, e deleitounos a todos con unha cantiga, tanto gustou que os nenos e nenas, incluso os mestres e mestras pedíronlle outra.
Foi unha moi boa experciencia!!!
lunes, 3 de abril de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)