miércoles, 19 de abril de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA EN SEGUNDO E SEXTO NIVEL

O día 17 de Abril o alumnado de segundo e tres grupos de sexto asistiron á animación á lectura que levou a a cabo MARÍA CARRERA, con motivo dos libros propostos no itineraio lector  polo equipo docente de cada nivel e que o alumnado que leron nas aulas.Os encargados da súa presentación foron Iria e Alex alumnos do voluntariado de lectura da Biblioteca.







Iria e Alex, voluntarios da biblioteca presentando a María Carrera

O alumnado de segundo gozou dunha animación ben divertida!María falounos das personaxes de todos os libros que estamos a ler, e contounos a historia do soldadiño de chumbo cunha marioneta que mudaba de personaxe segundo como a collía, moi emocionante! Ata cantamos un rock mentras ela tocaba a guitarra eléctrica.Foi xenial!!!



















A animación para sexto curso foi moi completa e satisfactoria.
En primeiro lugar grazas a animadora, que co seu talento e inxenio fixo que os nenos e nenas de sexto gozaran e participaran plenamente da actividade.
En primeiro lugar presentounos dentro da sua maleta de viaxe, a sua mascoa, un polviño que a acompaña nas suas saidas; despois ensinounos un libro moi pequeno repleto de historias interesantes e cheo de mundos fantásticos.
Posteriormente contounos un conto, no que uns porquiños vivían a sombra de todo o que organizaba e limpaba a sua nai, ata que un día, cansa de tanto traballar e de facer todo, abandona o fogar. Os porquiños, sírvelles de escarmento para valorar e darse conta de todo o que a sua nai fai por eles a diario.
Para rematar, sacou o seu instrumento roqueiro, unha super guitarra, e deleitounos a todos con unha cantiga, tanto gustou que os nenos e nenas, incluso os mestres e mestras pedíronlle outra.
Foi unha moi boa experciencia!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario