lunes, 7 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO


Este ano a escritora homenaxeada nas LETRAS GALEGAS é MARÍA VICTORIA MORENO.



Mª Victoria Moreno Márquez naceu na vila de Valencia de Alcántara, na provincia de Cáceres no ano 1939. Era filla de Vicente, militar, e Sara, mestra. Os estudos de bacharelato fíxoos en Barcelona e os universitarios en Madrid. Cando tiña 22 anos trasladouse a a Galicia para traballar de profesora de instituto en Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. No ano 1973 publicou a súa primeira obra en galego, «Mar adiante», na que conta a historia dos nenos e nenas dunha escola a bordo dun barco. Os debuxos da primeira edición deste libro foron realizados por ela mesma. Dous anos despois gañou o 1º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís de «O Facho». Durante a súa vida escribiu moitísimos libros en galego para os máis pequenos. A súa obra infantil que máis lle gustaba era «Leonardo e os fontaneiros», na que conta as historias que lle suceden a un neno chamado Antón e a un can, Leonardo. Este ano a Real Academia Galega adí- calle o Día das Letras polos libros que escribiu e pola defensa do noso idioma.




Aqui tedes as seguintes ligazóns con materiais e recursos para traballar nas aulas a autora.Ademais na biblioteca contades cunha exposición de libros da autora que podedes ler nos recreos ou  nas horas de titoria.



REAL ACADEMIA GALEGA


PRIMAVERA DAS LETRAS

SEMINARIO GALÁN


  • Actividades en liña do Seminario Galán


Actividades en liña de María Victoria Moreno



A Asesoría de Bibliotecas  elaborou un material elaborado  arredor de varios títulos da autora,María Victoria Moreno.Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.


Bibliotecas escolares"Constelación literaria"

CARTEL


Mª Victoria Moreno:"A festa do faiado". Editorial Galaxia.




Fuxan os Ventos regresa Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático e histórico grupo de folk galego musica o poema Lúa de Prata, de María Victoria Moreno.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario