miércoles, 14 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Dentro do proxecto lector do centro levamos a cabo a actividade de fomento da lectura "Mochilas Viaxeiras". A mochila inclúe diversos materiais e o caderno viaxeiro . Serán 25 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de novembro ata comenzos de xuño en que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@.Con todos os cadernos viaxeiros fárase unha exposición na biblioteca ao finalizar o curso.

O equipo de biblioteca foi o encargado de facer a entrega ás aulas.

As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado , as familas e a biblioteca e proporciona a oportunidade de facer lecturas compartidas econversas sobre os libros.

Cada familia é importante:
.Puntualidade á hora de entregar a mochila..Coidar do seu contido.
.Comprobar que o seu contido este completo.
.Desfrutar xuntos do material.

O contido da Mochila é variado:
-Nota para ás familias.-Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista.-Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá: o nome do alumno/a, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario