domingo, 31 de marzo de 2019

ABRIL, MES DOS LIBROS


Abril é o mes dos libros e da lectura, para conmemoralo a biblioteca ten organizado unha programación moi variada con diversas actividades: animacións á lectura, contacontos das familias lectoras, teatro do voluntariado da biblioteca, visita de autores , exposición de libros, obradoiro de marcapáxinas, apadriñamento lector, recomendacións lectoras do alumnado...


Agardamos que disfrutes  destas actividades.


´´PARA VIAJAR LEJOS, NO HAY MEJOR NAVE QUE UN LIBRO´´

EMILY DICKINSON

martes, 26 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE RECICLAXE NA BIBLIOTECA



O martes 26 de marzo os axudantes de biblioteca de 5º asistiron a un OBRADOIRO DE RECICLAXE impartido por CLAREXA na biblioteca do centro. No obradoiro quixemos traballar a idea de que a través de pequenos xestos intentemos reutilizar  ou darlle un novo uso as cousas para producir, consumir e reutilizar.

Ana e Tati  foron as monitoras encargadas de ensinarnos como facer unha carteira reciclando un xornal.As profes Anabel e Ángeles, membros dos equipo de biblioteca colaboraron axudando no obradoiro.Aproveitamos cada vez que facemos un obradoiro ou otra actividade dos axudantes de biblioteca para quedar a comer no cole e así pasar un ratiño xuntos convivindo , relacionándonos e coñecéndonos mellor .















OBRADOIRO DE RECICLAXE from Bibliosabidiña on Vimeo.

lunes, 25 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA 5º


Este curso debido ao elevado número de participantes no club de lectura tivemos que dividilos en dous clubs, un de 5º e outro de 6º.


O luns  25 de marzo  , o alumnado participante no CLUB DE LECTURA  de 5º reuniuse por primeira vez, este ano cun pouco de retraso debido as obras no colexio.Nesta primeira xuntanza  explicamos cales eran as normas do funcionamente do club de lectura, en que consistía ser membro do club de lectura e o seu compromiso.


No club de lectura de 5º  contamos con 23 alumn@s que participan que coordina a profe Ángeles e a profe Anabel , membros do equipo de biblioteca.

O libro elexido para comenzar esta andaina foi : ´´La historia de Julián ´´ de R.J. Palacio  .



CLUB DE LECTURA DE 5º


viernes, 22 de marzo de 2019

ENTREGA DE MALETAS DE LECTURA

MALETAS DE CONTOS E  PINTIÑAS


MALETA DE CONTOS.-3º CICLO


PINTIÑA Nº 2- 2º CICLO

PINTIÑA N º 1- 1º CICLO




Comenzamos coa entrega dunhas maletas moi especiais, PINTIÑA-1PINTIÑA-2 e MALETA DE CONTOS  destinadas ao alumnado de primeiro , segundo e terceiro  ciclo.O xoves 21 de marzo as profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de levalas as aulas , para que o alumnado poda disfrutar e  compartir  a lectura na aula durante unha semana .Cada aula recibiu unha nota co contido de cada maleta e a temporalización en cada aula para facilitar aos titores as entregas.

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Dende a biblioteca propuxemos dúas actividades para conmemorar esta data.

  • Na árbore que temos na entrada, cada aula aportou unha ficha  dun poeta ou poetisa cun poema.







  • A hora de ler do xoves 21 e venres 22 adicouse  á lectura de poesía de diferentes autores.













miércoles, 20 de marzo de 2019

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA





No pazo da Cultura de Pontevedra dende o 22 de Marzo ao 12 de Abril desenvólvese o XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.O tema desta edición é A REVOLUCIÓN.O cartel gañador desta edición é da ilustradora estoniana TIIU KITSIK.


Á hora de escoller o traballo da ilustradora estoniana o xurado destacou “a forza, positivismo e alegría dunha imaxe que representa a infancia e a lectura como motor de todos os cambios posibles”. A artista premiada destacou que a súa imaxe defende unha revolución que ten metaforicamente forma de libro e quixo facer unha mención especial a Pontevedra, debuxando unha ponte na parte inferior da ilustración.



Cultura convidada: a lusofonía

Nesta XX edición queren   non só convidar a un país, senón unha lingua, a portuguesa, á que queremos reivindicar e visibilizar.Contando coa colaboración  de autores e ilustradores de Portugal, Brasil e Angola.

Contan con numerosas propostas:obradoiros, exposicións, contacontos,música, teatro, visitas guiadas..


PINCHA NO PROGRAMA

martes, 19 de marzo de 2019

21 DE MARZO,DÍA MUNDIAL DA POESÍA




 O 21 de marzo, declarado pola UNESCO en 1999 como Día Mundial da Poesía, é unha data clave nas bibliotecas para tratar de vincular ao alumnado a un xénero literario dos que moitos adultos din "gustar" e poucos len.

Dende a biblioteca propuxemos dúas actividades para conmemorar esta data.

  • Na árbore que temos na entrada, cada aula aportará unha ficha  dun poeta ou poetisa cun poema.
  • A hora de ler do xoves 21 e venres 22 adicarase a lectura de poesía de diferentes autores.
Na biblioteca tedes unha seleción de libros de poesía para consultar e traballar esta conmemoración.




Algúns videos para disfrutar da poesía.










viernes, 15 de marzo de 2019

NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Xa temos na biblioteca novas adquisicións de libros. Tédelas colacadas na estantería de exposición de NOVIDADES. Podedes botarlle unha ollada e xa sabes que durante quince días estarán na exposición para consultar. Despois pasarán as estanterías de préstamos para  que disfrutedes dos novos títulos.


Non vos esquezades de botar no buzón de suxestións as vosas propostas, para ter en conta a hora de mercar novos libros.







XOGAMOS NA BIBLIOTECA

Un xoves máis pasando un rato entretido cos xogos na biblioteca ademais da lectura .Nesta ocasión tangram, dominós,quebracabezas, tres en raia, xadrez...

Estade atentos pois proximamente iniciaremos o II campionato de xadrez.