jueves, 7 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA 6º

Este curso debido ao elevado número de participantes no club de lectura tivemos que dividilos en dous clubs, un de 5º e outro de 6º.


O xoves 7 de marzo  , o alumnado participante no CLUB DE LECTURA  de 6º reuniuse por primeira vez, este ano cun pouco de retraso debido as obras no colexio.Nesta primeira xuntanza  explicamos cales eran as normas do funcionamente do club de lectura, en que consistía ser membro do club de lectura e o seu compromiso.


No club de lectura de 6º  contamos con 21 alumn@s que participan que coordina a profe Ángeles e a profe Anabel , membros do equipo de biblioteca.

O libro elexido para comenzar esta andaina foi : A señorita Bubble  de Ledicia Costas.Nunha pequena homenaxe a súa autora que no 2015 recibiu o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e que tanto nos gusta.




CLUB DE LECTURA DE 6º

O día 9 de abril teremos a xuntanza do club de lectura para comentar e facer actividades sobre o libro.


Deixamovos un video que atopamos da Librería Cartabón  de Vigo con motivo da presentación da novela que estades a ler. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario