jueves, 27 de noviembre de 2014
NOVIDADES EDITORIAIS
Nicomedes o pleado publicado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués, "Nicomedes o pelado" é un breve divertimento sobre a prematura calvicie do protagonista, nun ton humorístico e surrealista, e cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido. Os seus autores, Pinto&Chinto, son os galegos Carlos López e David Pinto
jueves, 20 de noviembre de 2014
OS XOVES...XOGAMOS
jueves, 13 de noviembre de 2014
RADIO SABIDIÑA
Hoxe o noso axundante da Biblioteca, Iván, ,encargado de RadioSabidiña, acudiu a Radioaltamira a comunicar as novidades da Biblioteca para este curso. Entre algunas novas está que poidades levar os libros de comic en préstamo para casa, o buzón de alumnos para depositar calqueira suxerencias .
E recordade que Sabidiña está sempre agochadiña entre os libros.
miércoles, 12 de noviembre de 2014
PINTIÑA VISITA AS AULAS
lunes, 10 de noviembre de 2014
V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Os días 7 e 8 de novembro celebrouse , en Santiago de Compostela, as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha actividade organizada en colaboración, pola Rede de Formación do Profesorado e a Asesoría de Bibliotecas escolares, onde parte da COMISIÓN DE BIBLIOTECA DO CEP ALTAMIRA asistiu a dita xornadas.
No programa presentáronse experiencias de calidade das bibliotecas escolares galegas en temas como multialfabetizacións, traballo por proxectos, biblioteca e matemáticas. Contamos coa presenza de expertos como Ricardo Gómez, escritor e matemático; Mónica Baró,profesora de biblioteconomía da UAB e experta en bibliotecas escolares; Javier Guallar , experto en curación de contidos en bibliotecas; ou José Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación. Nestas Xornadas presentouse o informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitotecas nos próximos anos" e a da plataforma "Galiza le" de acceso ao libro electrónico
jueves, 6 de noviembre de 2014
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo deMANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)