lunes, 10 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 7 e 8 de novembro celebrouse , en Santiago de Compostela, as V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, unha actividade organizada en colaboración, pola Rede de Formación do Profesorado e a Asesoría de Bibliotecas escolares, onde parte da COMISIÓN DE BIBLIOTECA DO CEP ALTAMIRA asistiu a dita xornadas.

  No programa presentáronse  experiencias de calidade das bibliotecas escolares galegas en temas como multialfabetizacións, traballo por proxectos, biblioteca e matemáticas. Contamos  coa presenza de expertos como Ricardo Gómez, escritor e matemático; Mónica Baró,profesora de biblioteconomía da UAB e experta en bibliotecas escolares; Javier Guallar , experto en curación de contidos en bibliotecas; ou José Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación. Nestas Xornadas  presentouse  o  informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitotecas nos próximos anos" e a da plataforma "Galiza le" de acceso ao libro electrónico






No hay comentarios:

Publicar un comentario