Estes libros "Nicomedes" de Pinto&Chinto da editorial Kalandraka e "Galiño pelado" de Paula Carbonel e Philip Giordano da editorial oqo, están considerados como os mellores libros do mundo .Os dous libros das editoriais galegas veñen de ser recoñecidos entre os 200 títulos da literatura infantil e xuvenil publicados en todo o mundo.A selección foi realizada por Jugendbibliothek de Munich, unha institución que traballa a prol da literatura infantil e xuvenil .
Nicomedes o pleado publicado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués, "Nicomedes o pelado" é un breve divertimento sobre a prematura calvicie do protagonista, nun ton humorístico e surrealista, e cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido. Os seus autores, Pinto&Chinto, son os galegos Carlos López e David Pinto
O álbum de OQO editora é a adaptación do conto popular valenciano Mig pollastre (Medio pitiño) escrito por Paula Carbonell e ilustrado por Philip Giordano, que narra as aventuras dun galiño comellón que engule literalmente todo o que atopa ou entorpece o seu camiño. Unha mañá viu un papeliño e, cando o ía papar, leu o que poñía: O rei daríalle un saco de ouro a quen llo entregase.
De ahí que xa os teñamos na nosa Biblioteca para poder disfrutalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario