lunes, 21 de diciembre de 2015

GAÑADORES DO III CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS

No festival de Nadal, o venres 18, entregáronse os gañadores do III Concurso de Postais Navideñas. No terceiro ciclo unha representación dos axudantes de biblioteca axudaron as profes a entregar os premios os gañadores.

Grazas pola vosa participación e NORABOA aos gañadores.

Os gañadores foron os seguintes : 

UXÍA BARBOSA ALONSO (1ºA) e LUCÍA FERNÁNDEZ GÁNDARA ( 2º A)




As profes Anabel e Coral coas gañadoras



ANTÓN LEMOS MUÑOZ (3ºA) e IVÁN ESTÉVEZ VAQUEIRO ( 4º A )



As profes Vivi e Susana entregando o premio 



YOLANDA GONZÁLEZ GONZÁLEZ ( 5º B ) e MARTA CABALEIRO FERNÁNDEZ (6ºA)



As profes Mª Carmen , Ángeles e os axudantes coas gañadoras


As postais gañadoras foron as seguintes :

1ºCICLO



2º CICLO



3º CICLO




domingo, 20 de diciembre de 2015

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Un ano máis chega o Nadal, e seguro que estades a escribir as cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel, para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de Biblioteca tendo en conta o proxecto deste cursos "SABIDIÑA PASEA POLOS CONTOS" preparouvos unhas recomendacións  de nadal coas lecturas elexidas  polos distintos niveis.

BOAS LECTURAS !!


1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO


miércoles, 16 de diciembre de 2015

III CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL


Na entrada do noso cole tedes a exposición  das  postais do III Concurso de postais do nadal. O venres 18 no Festival de Nadal entregáranse os premios as postais gañadoras. MOITAS GRAZAS a tod@s pola vosa participación.

Na biblioteca tedes unha exposición de libros ralacionados co nadal que podedes ler na hora do recreo ou na hora de biblioteca asignada as titorias.





domingo, 13 de diciembre de 2015

LEMBRANDO A NEIRA VILAS


 O venres día 11 os axudantes de Biblioteca fixeron unha lembranza o escritor Xosé Neira Vilas.
"Eu son Balbino.Un rapaz de aldea.Como que di, un ninguén.E ademais pobre"
Que mellor maneira de lembralo que lendo un anaquiño da súa obra. Os axudantes prepararon unha selección do libro "Pan" e o primeiro capítulo de "Memorias dun neno labrego"
 Durante a semana estiveron repartindo e ensaiando as lectura, tamén fixeron unha exposición con libros do autor.Queremos agradecer a Biblioteca Municipal de Salceda a súa colaboración deixándonos algúns dos exemplares para a mesma.





Yoli preparando a exposición do autor



Eduarda fixo a presentación.


Noelia C. e Coral C.


Lorena


Coral B.


Candela e Ainhoa


Sara e Noelia



Adriana, Marta L., Lara e Cristina



Fixérenno xenial . PARABÉNS!!


sábado, 12 de diciembre de 2015

O XOVES, XOGAMOS

O xoves 10  comenzou na biblioteca o día adicado os xogos, o xoves ...xogamos. A profe Anabel xunto cos axudantes de biblioteca ensinan  os nenos que acuden a biblioteca xogos novos e coñecidos para compartir xuntos un tempo de lecer.








lunes, 7 de diciembre de 2015

AXUDANTES DE BIBLIOTECA 2015-16




Xa están list@s os nosos axudantes de biblioteca.Despois das prácticas de colocación de libros nos andeis e de repasar as normas e o seu compromiso, esta semana incorpóranse os axudantes de 5º.

Agradecervos a vosa colaboración e xenerosidade ao renunciar o voso tempo de lecer para axudar aos compañeir@s. MOITAS GRAZAS !!!

jueves, 3 de diciembre de 2015

III CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS




Hoxe o alumnado recibiu a visita da profe Ángeles para comunicarlles e entregarlles a nota para as familias anunciando  que xa está en marcha o III CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS, que organiza a Biblioteca do noso cole.É moi importante seguir  as bases do concurso.Aqui vos deixamos toda a información.






viernes, 27 de noviembre de 2015

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS

Xosé Neira Vilas (1928-2015), autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, Memorias dun neno labrego, faleceu esta mañá na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Tiña 87 anos.Foi narrador, periodista e poeta español en lingua galega.





Traxectoria

Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís SeoaneRafael DiesteRamón Suárez PicalloLorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961marcha a Cuba coa súa dona.
Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.
Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.

Estilo e característica

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.
As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labregoCartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.
Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicioA muller de ferro e Querido Tomás.
Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras LarNai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contosHistorias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.
Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigoO cabaliño de buxoA marela TaravelaContos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.
En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

lunes, 23 de noviembre de 2015

CONCURSA COS BOLECHAS: HISTORIAS DO TEU COLE



 Os Bolechas convídanche a participar no Concurso de debuxo  on line "Historias do teu cole".O concurso xira arredor da vida escolar. Pensa nun deseño que represente o teu cole e o que fas nel e píntao na sección “Debuxar agora” desta web. As datas son do 10 de novembro ao 11 de decembro.Existen varias categorias: B-nen@s de 6 a 8 anos , C : nen@s de 9 a 12 anos.

Poderás gañar moitos premios!

ENLACE A PÁXINA DE osbolechas.gal/cole/

domingo, 22 de noviembre de 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O venres 20 e o sábodo 21 de novembro celebráronse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI).
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudaron á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado. Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañaron ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise o desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica.

O noso centro participou cunha ponencia  que levaba por título:

" Voluntariado de lectura: unha experiencia lúdica e de aprendizaxe cooperativo" que impartiu a coordinadora do Voluntariado de Lectura -A, e membro do Equipo de biblioteca,Ángeles.


Voluntariado de lectura :unha experiencia lúdica e de aprendizaxe cooperativo

A ponencia tratou sobre cómo os nen@s que participan no programa de voluntariado da biblioteca desenvolven competencias, tanto de aprendizaxe coma de empatia social.
1º.-Os nen@s tras ser seleccionados son preparados para as tarefas que van a desenvolver , o que contribúe a súa formación como lectores e usuarios da biblioteca.
2º.-O feito de desenvolver unha tarefa que eles mesmos elixen como voluntaria , lévalles a asumir que teñen que ser responsables cos compromisos adquiridos .
3º.-Prodúcese o desenvolvemento das competencias sociais.A tarefa da biblioteca lévase a cabo en grupo, polo tanto deben aprender a traballar en equipo e organizarse, aceptar as diferentes opinións, ... A tarefa lévase así mesmo cara ao público co que aprender a ser máis tolerantes, educados, atentos todo iso tradúcese no desenvolvemento de valores como a solidaridade, a coperación e a tolerancia.
Conclusión: Favorece o seu crecemento integral como persoas.




VI Xorndas de BE:Voluntariado de Lectura-A from Angiefidalgo on Vimeo.

viernes, 13 de noviembre de 2015

AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Para integrar o alumnado de 5º e 6º na xestión e dinamización das actividades da BIBLIOTECA, convocamos un ano máis os axudantes de biblioteca.Do 4 ao 11 de novembro o  alumnado interesado en participar debía pasar nos recreos pola biblioteca  para cubrir a ficha  e ler o compromiso .

Despois da inscripción do alumnado, hoxe tivo lugar na Biblioteca a presentación dos AXUDANTES DE BIBLIOTECA. As profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de darlles a benvida e levar a cabo unha sesión de formación de usuarios para que coñeceran as súas funcións e as actividades que ían  a levar a cabo.

Antes de nada, grazas a tod@s , por colaborar na biblioteca e BENVIDOS.







jueves, 12 de noviembre de 2015

AS VAQUIÑAS XA ESTÁN NAS AULAS

O luns día 9 de novembro o alumnado do primeiro  e segundo ciclo recibiu a entrega da maleta de PINTIÑA. A profe Anabel, membro do equipò de Biblioteca, foi a encargada de levalas ás aulas.
O alumnado de primeiro  recibiu coa maleta  unha carta de benvida de PINTIÑA ,xa que  era a primeira vez e non a coñecían.


Os alumnos de 1ºD recibindo a PINTIÑA

Daniela de 1ºD lendo a carta de Pintiña

Os alumnos de 3º D recibindo a PINTIÑA


Carla e Marcos abrindo a Pintiña