viernes, 13 de noviembre de 2015

AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Para integrar o alumnado de 5º e 6º na xestión e dinamización das actividades da BIBLIOTECA, convocamos un ano máis os axudantes de biblioteca.Do 4 ao 11 de novembro o  alumnado interesado en participar debía pasar nos recreos pola biblioteca  para cubrir a ficha  e ler o compromiso .

Despois da inscripción do alumnado, hoxe tivo lugar na Biblioteca a presentación dos AXUDANTES DE BIBLIOTECA. As profes Anabel e Ángeles foron as encargadas de darlles a benvida e levar a cabo unha sesión de formación de usuarios para que coñeceran as súas funcións e as actividades que ían  a levar a cabo.

Antes de nada, grazas a tod@s , por colaborar na biblioteca e BENVIDOS.







No hay comentarios:

Publicar un comentario