domingo, 22 de noviembre de 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O venres 20 e o sábodo 21 de novembro celebráronse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI).
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudaron á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, en definitiva, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado. Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro acompañaron ao profesorado galego nesta cita anual para o intercambio de experiencias, a análise o desenvolvemento de recursos para unha mellor práctica.

O noso centro participou cunha ponencia  que levaba por título:

" Voluntariado de lectura: unha experiencia lúdica e de aprendizaxe cooperativo" que impartiu a coordinadora do Voluntariado de Lectura -A, e membro do Equipo de biblioteca,Ángeles.


Voluntariado de lectura :unha experiencia lúdica e de aprendizaxe cooperativo

A ponencia tratou sobre cómo os nen@s que participan no programa de voluntariado da biblioteca desenvolven competencias, tanto de aprendizaxe coma de empatia social.
1º.-Os nen@s tras ser seleccionados son preparados para as tarefas que van a desenvolver , o que contribúe a súa formación como lectores e usuarios da biblioteca.
2º.-O feito de desenvolver unha tarefa que eles mesmos elixen como voluntaria , lévalles a asumir que teñen que ser responsables cos compromisos adquiridos .
3º.-Prodúcese o desenvolvemento das competencias sociais.A tarefa da biblioteca lévase a cabo en grupo, polo tanto deben aprender a traballar en equipo e organizarse, aceptar as diferentes opinións, ... A tarefa lévase así mesmo cara ao público co que aprender a ser máis tolerantes, educados, atentos todo iso tradúcese no desenvolvemento de valores como a solidaridade, a coperación e a tolerancia.
Conclusión: Favorece o seu crecemento integral como persoas.




VI Xorndas de BE:Voluntariado de Lectura-A from Angiefidalgo on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario