O noso centro , en especial o Voluntariado de Lectura, está de noraboa pois fomos seleccionados entre os 45 centros para participar nas xornadas de convivencia 2015.
Publicada no Portal Educativo a resolución de 13 de maio de 2015 pola que se comunica a selección de centros que, finalmente, participarán nas xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura-A (5º e sexto de primaria), que terán lugar no CRD da Coruña (Culleredo) entre o 26 e o 29 de maio. Un grupo de 50 nenas e nenos, en representación dos voluntarios e voluntarias da biblioteca escolar do seu centro, asistirá a estas xornadas nas que participarán en obradoiros e actividades diversas relacionadas coa lectura expresiva, a narración oral, os xogos cooperativos e tradicionais, o traballo colaborativo, a robótica, o teatro, as danzas do mundo ou bailes tradicionais. Visitarán, así mesmo a Biblioteca "Ágora" e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnología (MUNCYT) na Coruña. Dos 45 centros inscritos neste curso presentaron memorias das súas actividades un total de 42 centros, con experiencia nas distintas modalidades (colaboración na biblioteca escolar, lecturas compartidas dentro do centro, lecturas compartidas fóra do centro). Estes"voluntarios de lectura" procederán dos seguintes centros:
CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
O xoves día 14 o alumnado do primeiro nivel, en dúas sesións ,participou nun contocontos levado a cabo por Gianivanni Lunatrix. Gianivanni viña dende moi lonxe para contarlle historias aos nenos da Terra, eles poideron disfrutar dos seus tres contos, xogos de respiración, estiramentos e relaxación.
Hoxe tivemos a sorte de recibir na biblioteca o escritor e ilustrador vigués PEPE CARREIRO.
Veu presentarnos o seu libro O AMOR, L´AMOUR de edicións Moito Conto que o alumnado de cuarto leran e traballaran nas súas aulas.Dúas alumnas do Voluntariado de Lectura, Yashira e Elena de 6º B, foron as encargadas de presentar ao autor vigués.
Faloulles de aspectos do libro, da época das personaxes, de como vestía a xente , das súas costumes. Despois estivo debuxando diferentes personaxes dos seus libros .Os alumnos fixeronlle preguntas sobre detalles que querían coñecer do libro ou cousas que lles chamaron a atención.Por último asinou no libro de firmas da biblioteca e nos libros dos alunmos os que ademais lles debuxou a personaxe que máis lles gustara.
Un venres máis o alumnado do Voluntariado de Lectura acudiu a Biblioteca a compartir un ratiño de lectura cos más pequerrechos. Este venres leron Paula D., Ariadna e Clara alumnas de 6º A o conto " HANSEL Y GRETEL" dos irmáns Grimn.