O animador IAGO LOPEZ acudiu a nosa biblioteca para compartir dúas sesións de Animación á Lectura co alumnado do segundo nivel.
Iago contou unha historia preciosa cunha caixa decorada para superar os nosos medos chamada "Augusta e os seus medos". Augusta era unha nena que tiña medo a moitas cousas: aos nenos, aos animais, ás caixas, a voar en avión ... e ao final descubre que todos os seus medos van desaparecendo. O alumnado participou activamente, pasando un bo rato.
AUGUSTA e os seus medos de Sabela Fernández Trelles
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario