martes, 19 de mayo de 2015

PREMIO AO VOLUNTARIADO DE LECTURA

O noso centro , en especial o Voluntariado de Lectura, está de noraboa pois fomos seleccionados entre os 45 centros para participar nas xornadas de convivencia 2015.

Voluntariado de Lectura - A: centros seleccionados para as xornadas de convivencia 2015


Publicada no Portal Educativo a resolución de 13 de maio de 2015 pola que se comunica a selección de centros que, finalmente, participarán nas xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura-A (5º e sexto de primaria), que terán lugar no CRD da Coruña (Culleredo) entre o 26 e o 29 de maio. Un grupo de 50 nenas e nenos, en representación dos voluntarios e voluntarias da biblioteca escolar do seu centro, asistirá a estas xornadas nas que participarán en obradoiros e actividades diversas relacionadas coa lectura expresiva, a narración oral, os xogos cooperativos e tradicionais, o traballo colaborativo, a robótica, o teatro, as danzas do mundo ou bailes tradicionais. Visitarán, así mesmo a Biblioteca "Ágora" e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnología (MUNCYT) na Coruña. Dos 45 centros inscritos neste curso presentaron memorias das súas actividades un total de 42 centros, con experiencia nas distintas modalidades (colaboración na biblioteca escolar, lecturas compartidas dentro do centro, lecturas compartidas fóra do centro). Estes"voluntarios de lectura" procederán dos seguintes centros:



  • CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
  • CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo)
  • CEIP Carlos Casares (Xinzo da Limia, Ourense)
  • CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)

No hay comentarios:

Publicar un comentario